A semá pasada celebrouse en Poio o
Achegáronse especialistas de dezasete países distintos. Entre as visitas do congreso, visitaron as áreas de arte rupestre de Campo Lameiro e a da Caeira (Poio). A arte rupestre da marxe sur de Arousa quedou fora da ruta. Non así, os albariños do Salnés.
Xa fora das actividades previstas, e de xeito informal, acompañamos a coñecer os petroglifos de Xiabre a Ana Bettencourt, profesora de Prehistoria da Universidade do Minho (Braga, Portugal).
Estudar e dar a coñecer o potencial arqueolóxico da marxe sur da ría de Arousa é un primeiro paso, tamén na preservación do patrimonio cultural e natural. Infelizmente na visita que fixemos esta mesma fin de semá a diversos xacementos da zona, puidemos comprobar que os montes que rodean o val do Con seguen a ser agredidos, "ancheando" as pistas con máquina ou abrindo novos viais, como os de recente apertura que cruzan o Monte Lobeira polo oeste.

Na vontade de estudar, dar a coñecer e preservar, implicando nesta empresa a todos os sectores sociais, toca facer pequenas aportacións. No próximo fin de semá, presentaremos no Porto, no congreso Arqueología e Identidade: Problemáticas dunha Ciencia Interdisciplinar, unha comunicación titulada:
Territorios Supralocales en la Prehistoria Reciente de Galicia: El caso del margen sur de la ría de Arousa (Pontevedra).
É unha primeira presentación pública dos resultados dun proxecto de investigación integrado sobre o poboamento na Prehistoria Recente da marxe sur de Arousa, que está desenvolvendo Felix González, quen será o encargado de defendelo na palestra.
Así que xa sabedes... do Monte Lobeira á Pedra do Encanto viaxan ao Porto.