domingo, 28 de diciembre de 2008

O illote de Guidoiro (ou Ghidoiro) Areoso

Na Ría de Arousa hai numerosos afloramentos graníticos que forman illotes de pequenas dimensións.

Entre estos están os coñecidos como Guidoiro Areoso e o Guidoiro Pedregoso, tamén coñecidos como os Xidoiros, ou separadamente como O Areoso e O Pedregoso.

Aínda semella que o nome orixinario é Guidoiro (de guía), a gheada propia de Arousa os convertiu en Ghidoiros, e de ahí a Xidoiros ou Jidoiros, que son algunhas das outras formas en que son coñecidos.

Tras anos de polémica, finalmente pasaron a pertencer administrativamente ao novo concello da Illa de Arousa.

O illote de Guidoiro Areoso, chamado así pola súa característica formación dunar, ten unhas reducidas dimensións e carece de auga. Según o primeiro informe publicado en 1991, sabíase da existencia no illote dunha chea de elementos que avogaban polo interese arqueolóxico do sitio. En concreto, as referencias falaban dunha cámara megalítica, dun paleosolo fosilizado por dunas e dunha cerámica de tradición arcaica, nalgúns casos do tipo coñecido como campaniforme.

Dado o seu interese, tras unha primeira prometedora campaña de sondaxe en 1988, se desenvolveron dúas campañas de excavación en 1989 e 1990, dirixidas polo arqueólogo JM Rey García. Foran atopadas varias estructuras:

A Estructura 1 presentaba algúns elementos á vista (como se aprecia na foto).
Unha vez escavada (foto abaixo) se definiu como unha mámoa de reducidas dimensións, que conservaba coiraza de contención do túmulo nos sectores NO, NE e SO, e formaría un círculo perfecto duns 6 metros de diámetro, delimitado por un anel de pedras máis grandes chantadas.
A cámara, que fora sistemáticamente saqueada, comporíase de cinco lousas dispostas en forma de polígono.

Noutro punto do illote, a limpeza dun corte deixou ó descuberto un conxunto de pedras que poderían constituir os restos dunha coiraza de recubrimento dunha mámoa semellante á anterior.









A aparición da Estructura nº 2 foi unha grande sorpresa, xa que non mostraba evidencia algúnha na superficie da praia. Foi localizada ó amplia-la zona de sondaxe da campaña anterior.
Apareceu por baixo das areas da praia, nun paleochán de cor negra intensa, e relacionada cunha grande cantidade de materiais arqueolóxicos.

Se compón dun anel pétreo exterior de 1m. de ancho por término medio, formado por unha soa fiada de pedras. No interior deste anel, en disposición casi concéntrica, aparece outra estructura formada por unha vintena de lousas, de tamaño variable entre 20 e 50 cm, pero colocadas nun nivel máis baixo que o anel externo.
Se sinala que se trata dunha construcción totalmente novidosa para o contexto do Calcolítico (inicio da Idade dos Metais) do noroeste peninsular e non se sabe con seguridade se a súa función é funeraria.
A excavación deste sector ofreceu unha grande riqueza e variedade de materiais, especialmente cerámica de fabricación manual. Tamén apareceron lascas e desfeitos de talla que confirmaron a existencia de talla no xacemento.
Estes materiais están depositados no Museo de Pontevedra e algúns poden ser vistos nas súas vitrinas.

O novedoso emprazamento do asentamento na praia da illa, indicaría, en principio, a existencia de navegación polo interior da ría na prehistoria recente. O rexistro arqueolóxico da escavación foi excepcional tamén polo feito de ser un depósito selado e non alterado, alomenos en datas recentes. Por outra banda, o feito de aparecer nun medio básico, permitiu unha boa conservación da materia orgánica non usual nos xacemento galegos.

Na primeira campaña apareceu no paleochán (ou solo antigo) un concheiro. Unha amostra de ostra do concheiro foi enviada ao Laboratorio de Groninga para facer a única datación por C-14 ata o de agora publicada. A datación é GrN-16108: 4020 + 40 B.P. (Before Present o Antes do Presente), o que nos levaría a datas de fins do terceiro e inicios do segundo milénio a. C.
Pero debido aos problemas que teñen as datacións feitas sobre materia orgánica de orixe mariño, algúns autores rechazan esta datación e teñen proposto unha correción ou calibración entre o 1773-1536 A.C. CAL (Alonso e Bello, 1997, Rubinos e outros, 1999).

Nas campañas de 1990 e 1991 atopáranse unhas pezas metálicas alargadas semellantes a variñas ou punzóns, que foi como finalmente foron denominados por convención. Foron estudados analíticamente dentro do Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica mediante a técnica coñecida como fluorescencia de Raios X (XRD) para determinar a súa composición química, así como mediante micrografía para coñecer a estructura interna do metal. Os resultados foron publicados en múltiples ocasións (Rovira et ali, 1997; Comendador, 1998; Bettencourt y Comendador, 2003; Rovira y Gómez, 2003; Comendador 2005 poster; Comendador e Bettencourt, 2007).
Dende o primeiro análise se considerou fora de toda duda que estaban feitos cunha aleación intencional de cobre máis estaño, é dicir, que estaban feitos en bronce.
Dada a datación publicada e o tipo dos materiais arqueolóxicos cos que apareceran relacionados, foron considerados dous dos obxectos de bronce máis antigos da Península Ibérica, xunto cunha agulla do xacemento de la Bauma del Serrat Pont, en Girona (Rovira y Montero, 2003: 16 y nota 2), aínda que a datación destes bronces, así como do propio xacemento, segue sendo polémica.
Aínda de ter en conta a calibración de Alonso e Bello (1997), se relacionarían en todo caso ca datación doutros bronces “antiguos” localizados no ámbito do noroeste peninsular, como os do nivel IIb do xacemento portugués de Sola (Braga), cunha media ponderada entre 1690–1520 AC (95,4 %) ou o máis recente achado do xacemento trasmontano de Fraga dos Corvos (Macedo de Cavaleiros).

Recentemente foron novamente estudiados mediante a sofisticada ténica de difracción de neutróns no marco da Accion Corta: Estaño y Bronce en el Noroeste de la Península Ibérica, xunto a outros bronces procedentes do norte de Portugal (Bidaud e outros, 2006).

A publicación da totalidade do estudio da escavación de Guidoiro está pendente, aínda que este ano JM Rey presentou un interesante avance nos II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza, no que falou da caracterización das estructuras, da cerámica, da paleofauna, así como dos posibles diferentes momentos cronolóxicos de uso de este interesantísimo xacemento, do que vos adxunto aquí algunha da bibliografía publicada (aparte da que aparece nos links).
ALONSO, F. & BELLO, J.Mª. (1997): Cronología periodización del fenómeno megalítico en Galicia a la luz de las dataciones por Carbono14, O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo (A. Casal Ed.).Universidad de Santiago de Compostela, pp. 507-520.
BETTENCOURT, A. (2000). O poblado da Edad del Bronce da Sola, Braga, Norte de Portugal, Ed. Cadernos de Arqueologia, Monografias – 9, Braga.
COMENDADOR REY, B. (1999). Los Inícios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica, Brigantium, 11. A Coruña.
- (1999c). The early development of metallurgy in the North-west of the Iberian Peninsula. In, Young, Polard, Budd & Ixer (Ed.): Metals in Antiquity. BAR International Series, 792, Archaeopress, Oxford: 63-67
DELIBES, G. & MONTERO, I. (Eds) (1999): Las primeras etapas metalúrgicas en la península Ibérica, II, Estudios Regionales. Instituto Universitario Ortega y Gasset. Madrid.
FERNÁNDEZ–MIRANDA, M., MONTERO RUIZ, I & ROVIRA LLORENS, S. (1995). Los primeros objetos de bronce en el occidente de Europa, Trabajos de Prehistoria, 52 (1), pp. 57 - 69.
REY GARCÍA, M. (1991): Informe preliminar de la campaña de 1988 en el yacimiento de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 2, Campaña 1988. Xunta de Galicia. Santiago: 29-32.
- (1995): Excavación arqueolóxica no Illote de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 3, Campaña 1989. Xunta de Galicia. Santiago: 15-18.
ROVIRA, S., MONTERO, I & CONSUEGRA, S. (1997). Las primeras etapas metalúrgicas en la Península Ibérica, 2 vols, Ed. Instituto Universitario Ortega y Gasset, Madrid.
RUBINOS, A., FÁBREGAS, R., ALONSO, F. & CONCHEIRO, A. (1999): Las fechas C-14 del Castro de O Achadizo (Boiro, A Coruña). Problemática de calibración de conchas marinas. Trabajos de Prehistoria, 56 (1), CSIC, Madrid: 147-155.
Boa parte do texto está basada nos informes publicados por JM Rey.
As outras son as que aparecen nos informes ou miñas.

viernes, 26 de diciembre de 2008

Arqueoloxía no Ulla


A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa de arqueoloxía Argos, iniciaron o pasado mes de Outubro unha investigación arqueolóxica no Concello de Valga.
O obxectivo da equipa foi o de tratar de atopar evidencias da existencia na zona dun fondeadero ou porto romano, e da denominada "Turris Augusti", un monumento dedicado a Augusto, que estaría supostamente ubicado fronte a desembocadura do río Sar.
No entorno de Agramar foi localizado un novo xacemento arqueolóxico, non catalogado previamente, con materiais da época romana e restos de muros perimetrais.

Pero especialmente interesante foi a prospección subacuática no río Ulla. É importante destacar que foi deseñada unha metodoloxía específica para esta intervención, dadas as dificuldades do traballo (como podedes ver na foto, a visibilidade é mínima). A colaboración do clube Náutico de Pontecesures facilitou moito o traballo.
Na prospección apareceron algúns restos de ánforas e cerámicas, medievais e modernas.
Eu agradezo dende aquí "aos Argonautas" a información e as fotos que me envían dos traballos.

Eles e máis eu desexamos que esto sexa so o inicio dunha serie de interesantes e prometedoras prospeccións no leito e o entorno do río Ulla, ao que este ano dedicamos tempo e traballo.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais


Exposición Itinerante Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais.

O acto de presentación terá lugar o 23 de decembro ás 13:00 h no Auditorio de Vilagarcía de Arousa


viernes, 21 de noviembre de 2008

Luces y algunas sombras

Desde pequeño, cuando pienso en Catoira me asaltan dos viejos recuerdos. El primero se refiere a la romaría vikinga, en las Torres do Oeste, que viví por primera vez con cuatro años. Supuso un gran trauma para mi, ya que pensaba que el desembarco vikingo era de verdad y no podía entender como la gente estaba celebrando tan bárbaro acontecimiento.
El segundo son los molinos de viento, que recuerdo desde mi infancia.
Por ambas cosas, se debe felicitar al Concello de Catoira, ya que supo, por un lado, conservar y potenciar una fiesta tan importante; y por otro, conservar y consolidar unos elementos del patrimonio etnográfico importantísimos.
Sin embargo, este capítulos de "luces" se ve oscurecido por dos "sombras" muy importantes.
En primer lugar, la contrucción de un multiusos que altera gravemente el entorno conocido como Fonte Gaiteira, lugar en donde existen, además de un puente medieval espléndido, numerosos molinos imbricados en el cauce del río Catoira. A pesar de constituirse una asociación dedicada a impedir la construcción del multiusos, la construcción de éste parece, a día de hoy, imparable.
La segunda sombra la constituye la foto que os presento. Tuve la ocasión de conocer este molino de marea gracias al programa Patrimonio no Medio, iniciativa que, desde las Consellerías de Medio Rural y de Cultura, trata de acercar a los ciudadanos el patrimonio que acoge el medio rural gallego.
Sinceramente, no solo desconocía la existencia de este molino de marea, sino que desconocía la existencia de los molinos de marea en si. Para quien, como yo, no los conozca, los molinos de marea aparecen en Galicia en el siglo XVI. Su situación debe formar una amplia zona seca en la bajamar, la construcción debe ser sólida, y tiene que disponer de una presa para almacenar el agua del mar cuando la marea sube; una vez que ésta baja y queda libre un amplio espacio delante del molino, se pueden abrir las compuertas que llevan el agua a los rodeznos y los hace girar.
Aunque este molino, conocido como Muiño do Cura, no es tan antiguo (data del siglo XIX) es uno de los pocos ejemplos que quedan hoy en día en Galicia, y constituye una parte del patrimonio etnográfico que el Concello debe conservar, difundir y poner en valor. Lo gracioso es que, teóricamente, este molino ya fue "puesto en valor", actuación que se limitó a colocar un cartel con el nombre del molino y un puentecito de madera, que estaban totalmente cubiertos de maleza cuando se produjo la visita. Sin embargo, no se actuó sobre la estructura, que se encuentra en un estado ruinoso, afectado por una enorme grieta que amenaza con que este bien desaparezca para siempre.
Cuando lo vi, quise pensar que la grieta era reciente y que por eso no se había actuado sobre el conjunto. Sin embargo, consultando un artículo de Begoña Bas sobre los molinos de marea de la ría de Arousa, publicado en Brigantium en 1981, ya se atestigua el estado ruinoso del molino y, lo que es más grave, la grieta ya estaba presente. A mi entender, 27 años deberían ser suficientes para recuperarlo, pero veo que en este caso no lo han sido...

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Hoxe temos virasón, hai calma na Area: A Don Luis Viqueira Valdés



Case en vésperas de San Martiño, o outono trae a triste nova do falecemento de don Luis Viqueira Valdés.
Na miña infancia en aqueles viaxes dominicais cos meus pais e a familia Viqueira, descubrín as mámoas, os castros, as excavacións da Lanzada, o pazo de Oca, o mosteiro de Armenteira....
Posiblemente nunca tería decidido ser arqueóloga de non ser por Luis que nas súas expliacacións abría as portas da miña curiosidade.
Ao longo da miña vida sempre foi un referente, porque, sen dúbida, era un dos homes maís cultos que teño coñecido. Hai poucos anos, cando comecei a docencia na universidade, un día preguntoume -¿e que das na universidade? Eu contestei – Pois prehistoria e tamén antropoloxía. – Replicou sen dubidar ¿terás lido A Rama Dourada de James Frazer? Ese libro é fundamental.
Deixoume alucinada con ese comentario. O seu saber era inmenso.
Seguro que o meu pai, que sentirá ben a perda dun amigo en letras maiúsculas, terá moitas máis verbas coas que recordar a súa figura. Eu so quería deixar neste blog este homenaxe a unha persoaxe insustituíble e a unha grande persona.
Hai non moito tempo escribía Luis escribía estas palabras en O Apupo, o boletín informativo fa federación galega pola cultura marítima:.
“…Cando nos meus tempos mozos xuntabános no peirao de Carril varios amigos, un deles, gran amigo meu, Patrón de Ría e mariñeiro coma poucos; no tempo de verán ollaba pola mañá cara a Cuncha de Arousa e moitas veces predecianos o vento vindeiro sentenciando: «Hoxe temos virasón, hai calma na Area» ((1) A praia da Area é a que en tempos pasados doulle o nome de Santa Olalla de Area Longa ó actual pobo de Vilagarcía.
Como mariño que eu tamén son, aquelo que para os outros compañeiros nada significaba, a min fíxome cavilar máis dunha vez sobre seus atinados pronósticos, anque no fondo tamén maxinaba co que nos dicía non era mais co froito dunha experiéncia amoreada de cotío polos moitos anos da sua observación persoal do semblante do tempo. De calquer maneira, sorprendiame moito e chamabame a atención aquel feito, de que de boas a primeiras e sen que nada aparente o promovese, soprando o Nordés pola mañá cedo, se revirase o vento case de súpeto e puxésese a soprar da banda contraria alá polo mediodía.
Motivo destes comentarios, son tamén a lembranza daqueles días calorosos do verán das grandes mareas vivas, en que aproveitando o vento Nordés favorable desas mañás e maila virazón do mediodía, ían e viñan navegando semple en popa, unha flota moi numerosa de botes e bucetas de Carril a apaña-las crías dos mexillóns alá nos cons e illotes na bocana da Ría de Arousa. Levaban para facer este labor unhas rasquetas mangadas para despegalos das pedras e logo arranxa-los nos valos dos seus viveiros, porque naquel entón ainda non existían as bateas comas de hoxe para dependuralos das cordas. Dende a galería da miña casa de Carril, alá polas dúas e media ou tres da tarde, contemplar toda aquela flota marisqueira de volta da tarefa da marea era semple un atraente e senlleiro espectáculo. Todos xuntos, coas súas entenas ou vergas atravesadas ó vento e con aquelas velas brancas embolsadas, velexando en popa coa virazón,semellaban unha bandada xigante de brancas gaivotas planando por riba do mar. iUnha fermosísima estampa, ensoño dun pasado irrepetible...!

Hoxe tivemos calma na Area,
e a mediodía pasou a súa nave coas velas embolsadas velexando en popa con virazón.

domingo, 26 de octubre de 2008

Círculo lítico (e 2)

Durante anos, foi famosa a referencia sobre os monumentos prehistóricos do Monte Lobeira que fixera Manuel Murguía.
Dicía así: "....según persona inteligente en esta clase de estudios, no sólo se ven menhires en el monte Lobeira, sinó que desde esta villa a Cambados se encuentran curiosos alineamientos..." (Historia de Galicia, 1901, t. I: p. 576).

Non sabemos con seguridade si nesta cita recollía Murguía referencias ao chamado "círculo lítico de Lobeira".

Anos despois, en 1922, na viaxe que fixo por Galicia Hugo Obermaier, pasou a considerar estas referencias a supostos "cromlechs" como confusións con estructuras modernas. (Hugo Obermaier, 1922, Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia).


Sigue esta opinión Viqueira ao facer o seu estudio sobre o Monte Lobeira en 1960, sinalando que "...En cuanto a un cromlech, cuya existencia se da por descontada en Lobeira, nos parece una ofuscación que confunde el conjunto circular de menhires con la cerca de un pinar..." (pag. 11, nota 2).
Xa que Felix tuvo a amabilidade de colgar un post cunha foto recente desta singular estructura, completamos a serie amosando aquí as referencias antigas que se coñecen e tamén as primeiras fotos que fixéramos. As seguintes, son dúas fotos miñas: a primeira é dun dos túmulos e a segunda, de parte de estructura circular, ambas tomadas cara ao ano 1995. Daquela as estructuras estaban nun pinar, o que facía moi difícil percibir o posible círculo, e tamén facer unha fotografía significativa do conxunto.


















A seguinte xa é unha foto de Vicente Caramés algo máis recente, despois dos incendios que asolaron Lobeira no ano 2006. Aquí a estructura circular xa é máis perceptible e vense ven os efectos do incendio no entorno. Posteriormente a zona foi talada.
A última xa é unha foto do ano pasado, da visita que fixemos ó conxunto das mámoas e a estructura circular dentro das actividades desenvolvidas no programa Patrimonio no Medio. Á ruta, guiada por Vicente Caramés, achegáronse unha boa cantidade de interesados por coñecer o patrimonio de Lobeira e o seu entorno.




















As fotos, además de ilustrar o asunto do círculo e as mámoas, nos sirven para ver como pode variar o entorno en poucos anos. Uns cambios que poden acabar con ese fráxil patrimonio. Agora é o momento de facer unha boa documentación deste singular conxunto e tamén sería bo momento de facer unha sinxela intervención para coñecer as características deste posible "círculo lítico".
¿Quén tería razón? ¿Murguía ou Obermaier?

domingo, 12 de octubre de 2008

Círculo lítico

Aquí os dejo una estupenda foto (gracias a la habilidad fotográfica de Camila Gianotti) de lo que sin duda es una joya arqueológica de nuestra comarca.
Ubicado en el Monte Lobeira, en la parroquia de András, en Vilanova de Arousa, constituye uno de esos monumentos cuyo estudio, protección y difusión son de obligado cumplimiento por las autoridades competentes.
Su posible cronología prehistórica lo hace especialmente interesante, ya que, de ser así, estaríamos ante el monumento de estas características mejor conservado de todo el noroeste peninsular.
Esta foto, así como el cuidado del círculo, no sería posible sin la imprescindible colaboración de la Comunidad de Montes de András, formada por vecinos honorables de esta parroquia, siempre dispuestos a colaborar y participar en todo lo que tenga que ver con el cuidado y difusión del Patrimonio Cultural que en sus tierras está presente. De que sería capaz este grupo de gente si contase con todo el apoyo que se merecen...
Quizá esto solo sea una foto, pero estoy seguro de que algún día llegará a ser algo más. No podía ser de otra manera al contar con tres competentes profesionales, que, aún por encima, son tres estupendas personas: Cami Gianotti, Pati Mañana y Vicente Caramés. Además, tenemos la suerte de contar también con Bea Comendador, la madre de la iniciativa de crear este blog, vehículo hoy en día imprescindible para acercar la arqueología, para acercar lo que somos, a la sociedad. Como siempre nos recuerda Xurxo Ayán: A arqueoloxía debe satisface-las demandas e necesidades da cidadanía, asumindo a obriga de levar a cabo os pasos necesarios para informarmos ao público xeral de tódolos obxetivos e métodos da nosa práctica arqueolóxica, empregando tódolos medios de comunicación dispoñibles (Os Castros de Neixón II, pág. 12).
Aunar sinergias es lo principal a la hora de sacar una ilusión adelante. Y que mejor ejemplo que estos cuatro profesionales. Sobre todo se hace imprescindible cuando los recursos son escasos. Poco a poco los poderes públicos se darán cuenta de que no solo son piedras, sino que son ellos los primeros interesados en conservar nuestro patrimonio. De todas formas, como siempre me gusta decir: mientras haya ilusión...
Pues nada más... Cualquier comentario de cualquier ciudadano interesado por la arqueología y por el Patrimonio Cultural será bien recibido.

lunes, 6 de octubre de 2008

Prospección arqueolóxica en Agramar (Valga, Pontevedra)


Boas novas!

Tras unha longa espera, como amosa o titular que recollemos do ano 1995, hoxe da comezo unha intervención co obxectivo de verificar os datos que aportan os autores clásicos sobre o emprazamento das Torres de Augusto.
Tras un primeiro recoñecemento do terreno, co vaciado documental e a fotografía e cartografía histórica, trátase de facer unha análise xeoarqueolóxica da zona.
Se va a intentar verificar, tanto no Ulla como en Valga, a posible existencia de restos constructivos ou material asociable.

Ampliar a nova

domingo, 31 de agosto de 2008

Muíños de mar e de vento en Catoira


As Consellerías de Cultura e Deporte, e de Medio Rural, en colaboración coa mancomunidade de montes en man común de Catoira, organizan una saída dentro do programa Patrimonio no Medio.

A saída, coa temática muíños de mar e de vento, está prevista para o día 26 de Outubro ás 10 h na Casa do Concello de Catoira, e será guiada polo arqueólogo Vicente Caramés Moreira, do Museo do Mar de Galicia en Vigo.
O día anterior haberá un charla a cargo da etnógrafa Begoña Bas López, do Museo Arqueolóxico e Histórico de Coruña. Será o 24 de Outubro, ás 20 h, no edificio Felipe Aragunde de Catoira.
No perdades esta oportunidade de coñecer o noso patrimonio de mans de dous grandes coñecedores do medio...

lunes, 28 de julio de 2008

San Antoniño do Pousadoiro

A estrada que comunica Vilagarcía de Arousa e Caldas polo alto do Pousadoiro está a requerir unha obra de millora a fondo, xa que actualmente é un tramo con alta siniestralidade. Semella que hai algúns compromisos adquiridos, pero coma sempre, é pena que teñan que ocurrir desgrazas para que se poñan a arranxar as cousas.


A estrada vella era unha estrada enchida de curvas, con algúns tramos adoquinados. O seu trazado segue a vía natural de paso entre Vilagarcía e o val do Umia. Á subida é acusada ate chegar ó cordal onde se atopa o Castro da Xaiba ou Gaiba, para despoís descender. É a formación xeográfica que coñecemos co nome de "portela". Neste rechán era onde se tomaban folgos na subida antes de iniciar o descenso. De ahí posiblemente o nome de Pousadoiro.


Neste lugar se atopaba un pazo ou casa cunha capela dedicada a San Antoniño, na parroquia de Cea.


Aquí vos deixo un par de fotos aproximadamente dos anos 50. Os edificios que vedes se atópan agora nunha "illa" no medio do polígono industrial. Todas agás o cruceiro, que non sei onde foi dar.


Contaba meu pai que as curvas que baixaban a Caldas eran coñecidas co nome de curvas de Matamulleres, aínda que non conseguí nunca saber de onde viña este topónimo.



Tamén referido a este lugar había este cantar:



O pino do Pousadoiro, ten a folla revirada,

que lla revirou o vento, unha mañán de xiada...

Fotografías de Carlos Comendador Peña.

lunes, 21 de julio de 2008

A Moura da Coca


"...A Laxe é un barrio vello e de antigas tradicións e, polo mesmo, gardián de moitas lendas. Unha das quetemos recollidas aquí é a do saco de ouro. Pero deixemos que nesta ocasión, sexa a miña informante, Aurea, a que nos relate a historia. A fonte á que se refire é a Coca, situada entre a Laxe e a Florida.

E conta Aurea:

Nesta fonte pasaron moitas cousas, había moitas aparicións. Aquel día ía o tio do meu avó á Feira do Vintecinco, alí a Carril. E para chegar canto antes saíu cedo da casa. Inda era de noite. E ao chegar á Coca encontrouse encima da fonte unha chavala rubia, de melena moi longa e que estaba gardando unhas galiñas. A chavala preguntoulle ao tío do meu avó, que se chamaba Pablo, que para onde ía, e el contestoulle que para a Feira do Vintecinco. E a chavala díxolle: pois si vas alá, tráeme un tarabelo de carballo, porque estas galiñas sempre están a escapar e, como non teño tarabelo no cortello, non dou conta delas. Pero tráemo escondido, que non lle dea o sol, senón non cho quero.
E o fulano díxolle: Bueno ¿e que gano eu con iso? Pois douche cen pezas de ouro.

E o parente do meu avó foise para a feira, pero sen crer en nada. E ao estar no Vintecinco viu a un destes quefacían zocos e pediulle un cachiño de madeira, que ben podía servir de tarabelo. E meteuno no bolso. E ao chegar á Coca xa e volta, topou coa fulana, que aínda estaba alí coas galiñas.

E preguntoulle ela: ¿Trouxéchesme o tarabelo?
Trouxen. E doullo.
E a fulana meteuse nun burtao que había na fonte e ao pouco rato saíu cun saco cheo de ouro.
E o outro asustado, díxolle: ¿É para min? Si, é todo para ti. Pero cunha condición: Que non mires ata chegar a túa casa. Bueeeeno...
O fulano cargou co saco, pasou o río e despois de andar un pouco xa non aguantou máis e abriu o saco para contar canto ouro tiña. Pero cando mirou dentro, o único que atopou foron carbóns como aqueles que había na vía do tren. E entón empezou a berrar: ¡O meu ouro, o meu ouro! E o meu ouro todo se fixera carbón, por idiota, que si non o mirara eramos agora todos ricos... E por iso a finca onde lle aconteceu iso, o conto ese, aínda se chama O Ouro, que está alí fronte ao lavadoiro, ao lado da Maroma ¿Non sabes?..."

Extracto do libro FESTAS, LENDAS E TRADICIÓNS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA de Carlos Rei Cebral, o meu curmán Xandrolas.
Na foto, o peite do tesouro das Silgadas (Caldas).
.

sábado, 12 de julio de 2008

Visitar os lombos do Ulla


Hai anos, un político candidato a alcalde de Vilagarcía fora entrevistado na radio local. Farto de escoitar promesas, o periodista preguntou cándo pensaban asfaltar o camiño do carro. Rápidamente o candidato respondeu que xa estaba todo previsto para comezar as obras, ante as gargalladas de todo o pobo de Carril, que ben sabían o que era o tal camiño.

Agora, nunha iniciativa única, a asociación de mariscadoras de Carril oferta unha ruta que parte da praia de Bamio para ir camiñando ata Cortegada pasando polos lombos do Ulla. Dúas mariscadoras exercen a labor de guías é explicarán todo o relativo ó seu traballo. Custa 6 euros (nenos gratis) por persona e dura unhas dúas horas.
Pensado especialmente para os turistas, esta experiencia pode ser interesante para os veciños de Arousa.

Vai e descubre que é o que en Carril chaman o camiño do carro antes que outro político local decida asfaltalo.


Fotografía de Carlos Comendador. Anos 50.
As xentes do Ulla están apegadas ó río. Están fora, pero están dentro, case sen sabelo.

viernes, 11 de julio de 2008

Sobre os petroglifos de Vilagarcía

En Vilagarcía toda a xente mira estes días para o cume do Xiabre. Deben andar a mirar se entra en erupción por moitas cuestións: os incendios, a auga, os aeroxeneradores, as canteiras, os viais.... Todo un conxunto de intereses semellan darse cita na cima. E agora por riba, aparece un importante conxunto de petróglifos.
Un petróglifo é calquera tipo de gravado feito na rocha. Non ten por que ser prehistórico. Coñecemos, por exemplo, marcas de termo que delimitaban as parroquias, ou gravados asociados a xacementos medievais como a fortaleza de Lobeira, que representan taboleiros de xogo do tipo pai, fillo, nai ou tres en raia.
Pero dentro dos diversos tipos de gravados na rocha que podemos atopar, ademais hai gravados prehistóricos, que non son manifestacións illadas e sen coherencia entre elas, senón que no caso de Galicia conforman un extraordinario conxunto denominado grupo galaico de arte rupestre dentro do contexto das manifestacións da arte rupestre atlántica comúns a outros países como Irlanda, Reino Unido, etc... Estes gravados son testemuña das poboacións que habitaron, neste caso, o entorno da ría de Arousa por volta duns cinco a uns catro mil anos.
A investigación sobre a arte rupestre conta cunha tradición longa en Galicia e algunhas das estacións de Vilagarcía figuran entre as primeiras atopadas e documentadas. Este é o caso do conxunto de petróglifos de O Meadelo e Os Ballotes (O Salgueiral, San Xinés de Bamio), visitados a principios de século por investigadores ilustres como o alemán Hugo Obermaier ou citados polo pontevedrés Celso García de la Riega. A pedra coñecida como Laxe do Meadelo ou A Pedra do Encanto, foi descuberta polo artista Enrique Campo Sobrino, a quen debemos o primeiro debuxo que dela temos, presentado na Exposición de Santiago de Compostela de 1909.
Eruditos locais como o vilagarcián correspondente da Real Academia Galega Juan Fernández Gil y Casal, fixeron e publicaron os primeiros estudos defendendo daquela que eran a proba de presenza grega nas costas galegas (1916).
Un novo pulo vaino constituír a presenza dunha das figuras máis importantes da arqueoloxía e etnografía galega como foi Fermín Bouza Brey, que publica o primeiro estudo sistemático deste conxunto no ano 1927 e dá a coñecer o petróglifo de Meán (Bouza da Torre). Os seus traballos van recoller tamén toda a rica tradición oral asociada a estes conxuntos. Lendas de mouros, de serpes e de tesouros míticos que se contaban como aquela que dicía «do Monte Lobeira, á Pedra do Encanto, hai unha mina de sete reinados; sete de ouro, sete de prata, sete de veleno que mata».
Xa nos anos 60, foran visitados tamén polo investigador italiano Emmanuel Annati fundador e director do Centro Camuno de Estudos Prehistóricos. A pronta publicación e documentación destes petróglifos permite comprobar o forte deterioro que sufriron nestes últimos cen anos da súa longa existencia. Significativo é o caso da Pedra do Encanto que foi mutilada ao construír a estrada a Catoira.
En 1927, hai 80 anos, Fermín Bouza Brey Trillo escribira de Vilagarcía: «Una localidad que ofrece un notable conjunto de figuras de variada especie y cuyo estudio hácese necesario, por estar amenazada de una próxima destrucción a causa del punible abandono en que se dejan todos estos monumentos. El principal elemento destructor lo constituyen los canteros, que arrancando piedras para construcciones vecinas, las han atacado en varias ocasiones. Actualmente están en explotación varias lajas del agrupamiento de los Ballotes a pocos centímetros de las insculturas. Esperamos de las autoridades locales y especialmente del alcalde-presidente del Ayuntamiento de Vilagarcía, nuestro amigo D. Enrique Lafuente, cuyo celo por la cultura es grande, la adopción de medidas que eviten tal atentado...».
Hai un par de semanas parei no Salgueiral. A Pedra do Encanto segue partida e solitaria a carón da antiga estrada a Catoira. O conxunto central dos Ballotes segue pechado nun recinto con cancela que máis que protexelo, contribúe a destruílo. Outros xa non os puiden ver ou ben porque tiñan un can atado encima, ou o pau central dun tendal da roupa. Semella que os gravados dispersos doutro lado da estrada, quedaron para sempre destruídos na construción duns novos chalés. Polo demais, bastante lixo e pouca información.

Nova reollida de http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2007/12/28/0003_6436463.htm

A Pedra do Encanto

Xa tíñamos ganas de iniciar este viaxe dende a Pedra do Encanto.

Pero...¿Qué é a Pedra do Encanto?

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos ubicada no Salgueiral (Bamio, Vilagarcía de Arousa). Recollida na historiografía erudita dende principios de século, por autores como Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra paixase mítica do lugar. Lendas como:

Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto,
hai unha mina de sete reinados,
sete de ouro, sete de prata,
sete de veleno que mata.

Xa a principios de século, cando a construcción da estrada a Catoira, a pedra foi partida, a pesares do interés dalgúns eruditos da época. E así segue case cen anos despois, partida ó carón da estrada.

Este blog nace con fin de iniciar unha viaxe dende a Pedra do Encanto, por eso esta entrada é a primeira. Unha viaxe que nos levará polos túneles da memoria, da historia, da arqueoloxía e da antropoloxía.


Convidámovos a unirvos a esta viaxe para atopar o tesouro que acocha a Pedra do Encanto.