viernes, 1 de enero de 2010

Feliz 2010



Esta bola do mundo da compañía Lloyd Norte Alemán xa mirou a cara de moitas xeracións de arousáns dende "A Baldosa" e vai camiño de converterse nun icono de todos nos.
Con ela vos desexo un feliz 2010...e que a bola siga xirando!

2 comentarios:

Juan dijo...

Pois Feliz ano.
Certamente acórdome desde pequeno desa bola do Mundo na que meu avó que ensinou a distancia á que se atopaban meus pais emigrados en Venezuela.
Acabo de ver o artigo que publicaches sobre o xacemento arqueolóxico do Areoso sobre o que tiña interese xa que vin os restos da escavación no momento que se realizou.
Fai tres ou catro anos vin no Areoso tres pedras planas que me chamaron a atención porque están dispostas formando a estructura do que parece ser unha tumba que sobresaía da base dunha duna erosionada polo mar. Supuxen que xa debeu ser observada polos arqueólogos, fíxenlle unha foto e non lle din máis mérito; pero despois de ler o teu artigo penso que é probable que naquel momento podería estar cuberta pola duna e quizáis lle pasou desapercibida.
Creo que soamente lle comentei esto a Dopico que tampouco lle dou moito mérito xa que o Areoso xa foi estudiado. Se consideras que pode ter algún interese podes poñerte en contacto comigo. Son Juan Poza, profesor de bioloxía e xeoloxía no IES A Basella de Vilanova.

bea dijo...

Pois claro que interesa. Busquei o teu mail e non o atopo. ¿Podes contactar conmigo en pasadoreciclado@gmail.com ?

un saudo e graciñas pola información