domingo, 25 de julio de 2010

Os primeiros achados (I): Os Antecedentes


Víctor Vázquez, o mellor "buscador de cousas" na rede, envíame estas magníficas ilustracións de Vilagarcía publicadas no ano 1909 na revista Ilustración Española y Americana.


Sobre estas ilustracións podemos falar das orixes do poboamento de Vilagarcía.

Esta orixe sempre aparecera ligada ao Señor García de Caamaño e á casa de Vista Alegre en época histórica, tal e como describe Jerónimo del Hoyo no 1607:

"Esta villa habrá que se fundó como 120 años. Era una isla que llamaban Insuela, donde venían a pescar algunos pescadores y para reparo del tiempo de invierno, hacían algunas chocas con unos palos y paja; viendo esto, García de Caamaño, señor que en aquellos tiempos era de la tierra, fue animando a los pescadores que acudían a pescar para que edificasen casa y para esto les daba piedra y madera y ayudaba con pan y vecino, y de esta manera tuvo principio la dicha villa".


A poboación de Vilagarcía no século XVIII era reducida. Segundo Cornide (1764: 107) contaba con 224 veciños labradores e pescadores, sen que esta ocupación supuxera transformacións da paisaxe. Pero a fins do século XIX comezou a mudar a configuración. Daquela, unha próspera Vilagarcía andaba na tarefa de construción de infraestruturas: a estrada a Cambados, as obras do peirao de Ferrazo e os primeiros recheos. Todas estas importantes remocións de terra, fixeron que por primeira vez saíra á luz unha morea de achados, cun grande eco na sociedade daquela época, e que inquedaron xa entón a certas persoaxes polo problema da súa conservación. As primeiras difusas referencias recóllense en obras xerais descriptivas de Galicia, nos xornais e como citas espalladas en traballos posteriores.

Bouza Brey (1957: 76) recolle dunha testemuña, a aparición de antigos restos cando a construción da estrada a Cambados ó seu paso por Vistalegre. "No derradeiro terzo do século XIX pasoulle pola banda do Nacente a estrada de Vilagarcía a Cambados. Non se sabe de achados arqueolóxicos en tal intre. Somentes un testigo ocular de istes traballos fala de restos de cociña a un metro baixo terra, nos que ollou entre cenizas, tibias, homóplatos e outros huesos de rumiantes e aves, cunchas colosais de ostras de quince centímetros e mais de diámetro".


En 1888, co galo das obras de construción do peirao, fixéronse grandes aterros, e nun deles atoparon un depósito de cunchas, misturadas con fragmentos de oso e outros materiais, feito que comenta con amplitude Murguía, no primeiro tomo da súa obra Galicia (1888: 32).

"...Exploró este yacimiento con la brevedad y apresuramiento que permitían las circunstancias, nuestro amigo el Sr. D Ramón del Valle, quién tuvo la pena de no poder salvarle de una completa destrucción a pesar de haber dado alerta en su periódico La Voz de Arosa...""...la rapidez que en sus trabajos pone la codicia propia de la moderna industria, las ocupaciones que cercaban a nuestro amigo y el vivir lejos de aquellos lugares, no le dieron tiempo más que a salvar un cráneo... trató de conservarle para nosotros, más habiéndolo guardado en un cajón, fue víctima de los juegos infantiles de sus hijos...".


Murguía coñecía os traballos arqueolóxicos que se estaban a desenvolver nos diferentes paises europeos, e cita por exemplo, a obra de Gabriel de Mortillet, Le Prehistorique. Coñecía os achados de vilas lacustres en Suiza, polo que anota as referencias que para él constituen a proba da existencia de palafitos (poboacións lacustres) na ría de Arousa. Por eso eleva o achado á categoría de kjoekkenmoeddingen, isto é, un concheiro con restos de materiais arqueolóxicos misturados. No caso de Murguí se da un cambio con respecto a outros investigadores da época, xa que non só menciona como fonte de información os restos máis evidentes (moedas ou epígrafes), senón outros restos materiais menos tidos en conta. Nembragantes, todos os restos pre-romanos eran atribuídos aos celtas, cos que para él principiaba a historia de Galicia.

(Os nosos colegas do blog Arqueomalacoloxía, dedicaron un post a Murguía e ao concheiro de Alobre).

Un dos primeiros documentos sobre a aparición de achados arqueolóxicos en Vilagarcía atopámolo nun acta do concello do 1915. Gil y Casal recolle o achado en 1905 de varias tumbas, así como de cerámica e máis cunchas no actual emprazamento das serreirías de Ferrazo.



Na mesma zona, en 1921, se atoparon restos de muros e unha serie de pavimentos relacionados cun depósito de salgado (Núñez Bua, 1921).


"...Os achados actuais bastante máis cativos c'os de 1905, se reducen a uns anacos de muros d'aparexo y-uns pavimentos, un dìles moi ben conservado e cuverto de baldosas de barro cocido, outro está recuverto d'un cemento composto de cal e croyos de cuarzo. Como n-istes recintos s'atoparon escamas de peixe, e dada a súa proximidade ó mare, non ñe moi aventurado considera-los coma depósitos dedicados a conservas de salazós de peixe, dependentes do Castro de San Cristobo d'Alobre...".


Dos memos restos, escribe Gil y Casal no xornal Galicia Nueva (1921, martes 29 de Outubro):


"...sencillos muros de aparejo opus incertum, que yendo de un peñasco a otros salientes dan al conjunto por la disposición angular de sus líneas, aspecto de parapetos. El suelo, alzado del nivel del mar dos metros aproximadamente, aparece recubierto de gruesas baldosas de brarro cocido, asentadas sobre una capa de arcilla de amarillo fuerte y en una de las paredes un boquete con características de caño de desagüe. No muy distante y en la misma línea de nivel, aparece otra cámara cuadrada revestida de suelo y paredes de cemento compuesto de cal y cuarzo gruesamente molido, cubiertos los ángulos verticales y horizontales que forman los muros al encontrarse, con un bocal cuidadosamente hecho de la midma argamasa, y contigua este y separada de ella por un muro, otra estancia pero en peor estado de conservación, en la cual aparecieron en estado de descomposición muchas escamas de pescado...".
Lamentablemente, estes restos non foron conservados.

(Dende este ano se pode visitar na Rúa Rosalía de Castro de Vigo

o centro arqueolóxico Salínae, ao que corresponde a foto, onde están musealizadas as salinas atopadas ao construir o centro de saude. Tedes as Unidades didácticas Salinae na web do Museo do Mar de Vigo).

No 1927, de novo as obras do peirao provocan novos desmontes na parte oeste do Montiño, fronte á praia. Outras dúas persoaxes da vida pública vilagarciana, Bouza Brey e mais Francisco Porto Rey (Farruco Porto), tentaron salva-los novos restos, pero tamén foron destruidos.
Finalmente, o 2 de Agosto de 1940, uns traballadores ás órdes de D. Armenio Alvarez, contratista, facendo un desmonte para a construción da serreiría, atoparon unha ara romana dedicada a Neptuno, xunto con algunhas moedas.
En novas entradas daremos conta dos achados da serreiría de Ferrazo con máis detalle. Forman parte deste complexo e importante conxunto de restos arqueolóxicos que perdemos para sempre, con escasa documentación dos mesmos, e que poderían ter sido de enrome importancia para comprender as orixes do poboamento na zona de Arealonga.
Rematamos cunhas verbas de Juan Fernández Gil e Casal, cronista e erudito local, que decía hai oitenta anos:

"...Cuanto no parece dar muestras de incultura, destruir, por el solo placer de destruir, esos restos de otras civilizaciones que la piqueta va poniendo al descubierto y nosotros con las mismas herramientas de obreros, perfilando, para que mejor se vean, se comprendan y se estudien, contribuyendo a la cultura local..." (Gil y Casal, Galicia Nueva, 26 de Marzo de 1921).



Ara de Alobre dedicada a Neptuno e ofrecida por Q (uintus) C (ilenus).


(Singul and Suárez, 2004, p. 56; Abuin, 1997).



REFERENCIAS

Bouza Brey, F. 1957. O Castro de Alobre e os contactos entre a Bretaña e Galiza na época romana. Homenaxe a Florentino López Cuevillas: 73-110. Galaxia. Vigo.

Cornide, J. 1764. Descripción circunstanciada de la costa de Galicia... Reedición de X.L. Axeitos. Edicións do Castro. 1991.

Fernández Gil y Casal, J. 1916. Apuntes Arqueológicos. BRAG, LXVIII: 29-46.

Fernández Gil y Casal, J. 1921. De Arqueología para la historia local. Galicia Nueva, 29 Octubre.

Ilustración Española y Americana (1909, nº XX, Ano LIII, Madrid).

Jerónimo del Hoyo, 1607. Memorias del Arzobispado de Santiago.

Murguía, M. 1888. Galicia, Tomo I.

Núñez Búa, J. 1921. Achádegos arqueolóxicos. Nos, 5: 18.