lunes, 25 de abril de 2011

"La Alfarería entre Cultura y Naturaleza"


Estes días que votamos a andar a plataforma ArqueoCUVI vinculada aos xacementos arqueolóxicos do campus da Universidade de Vigo, tamén andamos a revisar a información relativa aos xacementos da Prehistoria Recente das Rías Baixas.

Neste contexto, temos que citar o magnífico e recente traballo de fin de máster de Wajari Velásquez Fernández, La Alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio Tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, baixo a dirección da nosa colega Pilar Prieto e o titorado de J.N. Caamaño da USC. O traballo podedes consultalo on-line e descargalo en pdf.

Citamos o seguinte párrafo da introducción: “…La presente investigación tiene como objetivo general: analizar los aspectos tecnológicos de la cerámica prehistórica neolítica en la provincia de Pontevedra (Galicia, España) en distintos tipos de contextos, a fin de obtener pautas de identidad social y/o significación cultural en el aprendizaje alfarero que permita contribuir a su caracterización estilística. A través de un enfoque teórico metodológico orientado en la tecnología alfarera, y sustentado por el desarrollo de las teorías antropológicas y arqueológicas de la arqueología del paisaje, antropología de la cultura material y la cadena tecnológica operativa de múltiples autores a lo largo de la historia de la arqueología, buscamos comprender en profundidad patrones de enseñanza alfarera en el neolítico de Galicia…

Constitúe una importante achega ao coñecemento das sociedades da Prehistoria Recente. Wajari, con que xa temos colaborado neste blog no contexto do proxecto de Lobeira, ten na introducción do seu traballo diversos agradecementos que traducen para nós algo claro… a confirmación da necesidade de vincular e vehicular canais de transmisión de coñecemento entre os distintos sectores relacionados co mundo da arqueoloxía: administración, universidade, institutos de investigación, museos… e tamén as empresas.

Os agradecementos de Wajari tamén levan os nomes individualizados de arqueólogos que teñen contribuído, a título persoal, dende o mundo empresarial, a que os resultados sexan coñecidos e difundidos no marco de traballos como este. Pero sería preciso que este marco de colaboración fora institucionalmente establecido... é a nosa opinión... para que o que son colaboracións "puntuais" recibiran o recoñecemento que merecen, e rematar con ese mito da fractura entre os chamadas "arqueólogos de investigación" e os das empresas... como si a arqueoloxía no fora sempre investigación.

Unha nova achega e sobre todo, unha nova perspectiva de traballo. Os novos investigadores están a conseguir dar un pulo a unha arqueoloxía frecuentemente acurrunchada en grupos ou ghettos do saber, e cunha mirada por riba de prexuizos.

Felicitamos moito tanto a Wajari como aos seus titores por este traballo e o animamos para continúalo na súa tese de doutoramento… a pesares de todos os obstáculos.