viernes, 19 de agosto de 2011

Nos Ballotes

Xa a tardiña, nos Ballotes, namentres preparabamos o evento, pasou por alí Maruxa, veciña do Salgueiral. Pregunteille- cómo lle chaman a aquela pedra de alí abaixo?; Sorriu e contestou – O Encanto; E logo contounos de viva voz aquilo de “Ola de ouro, ola de prata, ola de veleno que mata”. Despois marchou en zapatillas como quen leva o vento.

O solpor foi fermoso, coma sempre. O sol deixounos polo Barbanza proxectando as últimas raiolas sobre as “pedras escritas”.

Sentámonos á espera da xente… non sabíamos que tanta.

Dixera en broma, que cun pouco de sorte, ademais de gravados, veríamos estrelas. Onte, 18 de agosto, a sorte quixo que cruzase o ceo dos Ballotes un deses bólidos brillantes que ultimamente sucan o ceo. Pasou por riba de nos en dirección norte, soltando sobre a Pedra do Encanto a súa estela luminosa. Din que dan boa sorte.

Debeu ser por iso, que a iso das dez trinta, a pesares das ameazas de mouros, máis de cen persoas e aínda algún vagalume, achegáronse onde as luces. Nunca pensara que tanta xente viría. Había xente de todas as idades, moitos rapaces e tamén nenos. Non con certa dificultade, puidemos ir amosando as principais figuras. A megafonía contribuía a que as explicacións chegaran a todos. A Felix e a Merino tocoulles a parte máis difícil, a de dirixir as luces e manexar os cables polo medio da xente. O interese e a boa disposición de todos axudou a subsanar as dificultades cun grupo tan numeroso.

Finalmente falamos tamén das lendas, aínda alguén contou algunha.

Penso que marcharon tranquilos, alomenos levaban unha receita contra encantos de mouras.

Nós estamos contentos pola resposta e ledos polo clima conseguido. Por ver tanta xente interesada en pasar unha “longa noite de pedras”.

As pedras sempre estiveron diante dos ollos. Pero o importante é o que “fica fora da vista”. So co pensamento, por unha noite, conseguimos erguer das pedras aqueles cervos, que recuperaron, por unha noite ,a súa presenza na paisaxe da marxe sur de Arousa, alí onde o Ulla se converte en ría.

Pensamos repetilo. Melloraremos na loxística e na organización. De momento, grazas a todos po vires e por poñelo fácil.

PODEDES ENVIAR AS VOSAS FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:

pasadoreciclado@gmail.com




Resumen en Arousa TV


Visita Nocturna a los Petroglifos de Os Ballotes en Bamio (La Voz de Galicia- Edición Arousa- 20-08-2011). Crónica sobre a visita nocturna aos gravados (en non "pinturas") de Os Ballotes.









Una "longa noite de pedra" de 5.000 años (Faro de Vigo-Edición Arousa-
20-08-2011) Crónica sobre a visita esperada aos Ballotes dende fai un século (e non dende a Prehistoria, e menos a Idade de Pedra) en que foi publicado o conxunto por primeira vez. Gravad

os, algúns simples como coviñas, que poderían ter ATA 5.000 anos de antigüidade, aínda que a Idade do Bronce (hai una 4000 anos) sería a cronoloxía máis aceptada para os Ballotes, agás os motivos modernos e os repicados dos que falamos.

Bamio viaja en el tiempo a través de la historia de los "mouros" y de los petroglifos. (Diario de Arousa- 20-08-2011).




3 comentarios:

Archeoten. dijo...

Mimadrinha, cheo total!!!, ao final derrotachedes aos extraterrestres, vai-tes. Noraboa Bea

Um Saudo

Manolo de Turoqua dijo...

Magoa non poderen asistir. Parabéns polo éxito acadado.
Bicos.

Yago dijo...

Bea, Félix, Merino y compañía, muchas gracias por la velada, la actividad fue un oasis dentro del tan poco cultural programa de festas de San Roque de este año. Un placer.