Nos anos noventa, andaba eu a busca de mineral de cobre pola península do Morrazo. Amén da iña inexperiencia, era unha busca complicada, porque so tiña parcas referencias de rexistros mineiros nos libros de Facenda. A prospección de campo era bastante difícil e as máis das veces, preguntando por unha mina, acababa nun pozo de auga. Así que finalmente decidín preguntar por pedras de cor verde.
Foi así que falando co señor Antonio Costa, díxome que atopara minerais verdes, pero fora do Morrazo. Indicoume entón unha punta entre as praias de Montalvo e Bascuas, en Sanxenxo.
Xusto alí, no acantilado, nun filón duns 200 metros, fomos dar cunha veta limitada dun mineral de colores entre o verde e branco, pasando polos azuis.
Tomamos unhas mostras que levamos a analizar mediante unha técnica chamada Difracción de Raios X, resultando que se trataba de moscovita, cuarzo e variscita.
A variscita é tecnicamente un fosfato de aluminio, que se empregou sobre todo na producción de doas e outros elementos de adorno na prehistoria.
A de Montalvo-Bascuas é una veta moi pequena e limitada, pero ben da para facer pequenas pezas. Daquela xa comunicara o achado no XXII Congreso de arqueología en Vigo, en 1993, pero so puxera unha foto en branco e negro na publicación. Despois foi publicado por xeólogos en 1995.
Como moita xente tenme preguntado polo tema, hoxe dáme por publicar estas fotos que atopei ao ordenar papeis na casa paterna.
Tamén por satisfacer o interese do colega Angel Cardín, que anda tras o rastro do acibeche.
Atopar variscita non tería nada de importante se non fora pola importancia que lle deu á procedencia deste mineral na prehistoria recente europea. Normalmente chamado “calaíta” (termo moi en desuso, porque non define ningún mineral en concreto) se considerou durante moito tempo procedente do norte de Europa, de onde chegaría por vía marítima atlántica. Así se falou de relacións a longas distancias, e máis dende a tese sobre as relacións atlánticas da Península Ibérica na Idade do Bronce do irlandés Eoin MacWhite (1951).
Dende entón, ainda que segue a falarse de amplias conexións na Idade do Bronce, se teñen atopado diversas probas da existencia de variscita na Península Ibérica, e incluso da súa explotación na prehistoria. Hoxe coñécense unha mina de variscita e outros minerais de máis de 6000 anos de antigüidade, a de Can Tintorer (Gavá, Barcelona) visitable dende 1993. Co mineral facían colares de doas e pulseiras que aparecen nos enxovais funerarios. Se ten feito arqueoloxía experiental para saber o proceso de elaboración.
No noroeste coñecemos algunhas doas de pequeno tamaño, por exemplo nos enxovais de algúns monumentos megalíticos, como na necrópole de Monte da Mora (O Saviñao, Lugo) (variscita, turquesa impura e lepidolita); na necrópole de Chan de Castiñeiras (Vilaboa, Pontevedra) (lepidolita e blenda); ou na necrópole de Parxubeira (Mazaricos) (as que vedes na foto).
Pero o achado máis importante que eu coñeza é recente. Se trata dun colar enteiro de doas toneliformes de distintos tamaños no túmulo de A Chousa Nova (Bandeira), que apareceron dispostas seguindo o orde do fío que as insertaba. Non sei se a Mariajo e a Paz xa teñen publicado o conxunto, pero o que si sei é que foron analizadas en Santiago.
No noroeste hai indícios de variscita moito máis importantes que o de Sanxenxo, como Palazuelo de las Cuevas (Zamora). Pero o achado máis importante que eu coñeza é recente. Se trata dun colar enteiro de doas toneliformes de distintos tamaños no túmulo de A Chousa Nova (Bandeira), que apareceron dispostas seguindo o orde do fío que as insertaba. Non sei se a Mariajo e a Paz xa teñen publicado o conxunto, pero o que si sei é que foron analizadas en Santiago.
En Sanxenxo hai outros interesantísimos indicios mineiros e da Mina Boliches se sacaron boas cantidades de cassiterita. Pero deso falamos noutra.
3 comentarios:
Hi!! Your blog are very nice and more info. I hope follow my blog and please click my google ads.
Ola Bea, non sabía que tiñas este blog (non te crerías de que forma máis rara caín aquí), o colar de Chousa Nova 1 aínda non está publicado porque segue en proceso de análise na Universidade de Cádiz, ao parecer moi pronto haberá resultados definitivos, xa che contarei.
OK Mariajo!
Espero esas noticias.
Publicar un comentario