viernes, 6 de agosto de 2010

O deterioro do patrimonio inmoble

Debeu ser polo verán do ano 1986. Eu xa volvera de Santiago e nunca me gustara moito a praia, así que como non había moito que ver no Fantasio, collín a miña cámara Praktica B100 e marchei a facer fotos ás casas por Vilagarcía adiante.

Excelentes iniciativas como o Faiado da Memoria amosan as imaxes dunha "perla de arousa" que se perdeu no curso do derradeiro século. Pero o triste é que as miñas fotos apenas teñen 25 anos. Estas fotos me lembran a perda irreparable de patrimonio inmoble na comarca nun curto prazo de tempo.

Vos deixo no blog, na barra da esquerda, a testemuña fotográfica en duas presentacións: unha de edificios e outra de portas e fiestras.

Máis adiante a ver se nos animamos a comentar algo das arquitecturas.

Na foto, en 1986, Casa do Pincho no Barrio do Castro, en Vilagarcía. Debe ser unha das casas máis antigas do núcleo urbano. Hoxe, "rehabilitada" como pub, pouco ten que ver con esta foto... De mal en peor.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

que casa é? a que hoxe é o neptuno, enfrente da praza de abastos?

bea dijo...

A mesma..