viernes, 29 de octubre de 2010

Choiva, paraugas e parabéns

Cruzamos Rubiáns e subimos por Perrón ata ás abas do Monte Lobeira. Baixamos ao Sixto. Pola estrada de András, tomamos o cruce e paramos na curva.
Despois de tantos anos, alí estaban as mámoas e o seu carón o estraño círculo de pedras, mentres a cruz de Lobeira sobresaía entre a brétema.
Ao fondo o restrelo do sol sobre o mar de Arousa.
Mañá escribirei algo serio...
Hoxe solo quero dar os parabéns a esta xeración de rapaces novos entusiastas que están a traballar en Lobeira e que darán un novo e definitivo pulo a arqueoloxía de Arousa.

bea

No hay comentarios: