Nos últimos anos é frecuente a alusión nos xornais a descuberta de "círculos líticos" ou "menhires", aínda que as dificultades da abordaxe do seu estudo no ámbito académico presentan o tema como unha cuestión complexa e se traducen nos xornais dun xeito confuso. ¿Son estructuras prehistóricas?... ¿Son estructuras modernas?...
A recente publicación dos resultados da escavación dun dos "círculos líticos" da Mourela, os máis famosos de Galicia, e a súa cronoloxía medieval (Bonilla e Fábregas, 2009), poderían dar o debate por zanxado. Pero para nós aínda presenta o tema máis interesante e pasa polo seu enfoque como elemento configurador da paisaxe cultural en calquera das opcións na liña de tempo.
Ilustración cunha reconstrucción hipotética do "Círculo lítico de Lobeira" feita por Guillermo de la Peña para o capítulo "As Casas dos Mouros", do documental audiovisual "O Espía da Natureza" do naturalista e produtor audiovisual Federico de la Peña, patrocinado pola Diputación de Pontevedra. Un dos cinco documentales do O Espía da Natureza foi recentemente galardonado cun premio Prisma de la Casa de las Ciencias de A Coruña ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica.
2009. Bonilla, A. e Fábregas, R. Excavación del Cromlech de a Mourela. Andavira Editora
No hay comentarios:
Publicar un comentario