George Orwell comezaba a sua novela 1984 sobre o poder totalitario con aquela sentencia: “Quen controla o pasado, controla o futuro. Quen controla o presente, controla o pasado”.
Para un proxecto de futuro un pobo precisa dun pasado común. Pero os cambios son rápidos. Impera o progreso, o desarraigo.
Vou pouco a Vilagarcía. Xa non a coñezo. Non me coñezo nas cousas. Non me coñezo na xente. Só unha intanxible e delicada rede de recordos e lembranzas nos abeira baixo o paraugas do común, da identidade.
É certo que neste presente progresivo de nada valen bancos con baldosas rotas. Non valen nada… pero nun parque o xenio Antonio Gaudí creou a beleza con baldosas rotas… Parq Guell… Patrimonio da Humanidade.
Os vilagarciáns non aspiramos a tanto. Apenas a un sinxelo Patrimonio do que é única e xenuinamente noso. Como eses desfeitos bancos de Ravella, enchidos do nós inmaterial e colectivo, o auténtico capital dun pobo, que quere coñecerse e proxectarse no futuro. Hoxe as máquinas roubaron sen pudor ese capital dun pobo que está nos bancos…
nos bancos da memoria.
Na foto, arriba os bancos ondulantes do Parq Guell.
Abaixo un anaco de baldosa recuperada por min nas obras de remodelación da "Casa de Chuna" (filla de Cameron Walker). Como podedes ver, se trata dunha baldosa modernista idéntica a algunhas das empregadas no parque barcelonés. A casa está pintada por fora de cor salmón. O alicatado interior simplemente xa non existe.
1 comentario:
Hoy han aparecido algunas piedras del antiguo puente que unía el convento de Vista Alegre con la Iglesia.Hagamos algo para seguir descubriendolo.
Publicar un comentario