jueves, 30 de diciembre de 2010

Unha aposta cidadá polo futuro do pasado


Nos anos 90 en Portugal, foron descubertos importantes gravados Paleolíticos no lugar de construción do encoro de Fôz Côa. Como nunca acontecera, a multiplicación de accións cidadás e nunha mobilización social insospeitada, conseguiu o inaudito, a decisión política final de non construír a presa. Falaban de Foz Coa na universidade, na televisión, pero tamén na perruquería, na panadería, na misa, no super… Foi a resistencia da opinión pública a que conseguiu a suspensión das obras e a preservación daquelas “gravuras” que según o slogan “nâo sabem nadar”. Daquela “batalha do Côa” sairon victoriosos todos os cidadáns.

Empregando frases pronunciadas en diversos medios estes días polo "affair ravella", este tamén é un punto de inflexión para a sociedade vilagarciana. A “sociedade civil” que toma voz na defensa do seu. A “bancarrota de Ravella” consegue o milagre dunha vila máis humana. Unha vila que non dá importancia ás cousas polo mero valor material, preocupada por preservar os espazos e as fisonomías. Unha sociedade onde a palabra flúe polas rúas, polas cafeterías, polos blogues... Unha vila con cidadáns que moven o cú, que son capaces de falar, crecer, organizarse e actuar con dilixencia. O NÓS da memoria colectiva, inmaterial as veces, hoxe tivo voz e voto.

Esperamos que sexa o precedente dunha mudanza social da que saian vitoriosos todos os cidadáns arousáns preocupados polo presente, e polo futuro do pasado.

Dende Apedradoencanto unha cordial aperta para todos.

No hay comentarios: