sábado, 25 de septiembre de 2010

Se o meu avó levantase a cabeza...

Segundo o traballo de Laura Tato Fontaíña sobre O Teatro Galego e os Coros Populares (1915-1931), a obra O Trasno de autoría de Manuel Rey Posse foi estreada polo cadro de declamación do Liceo Recreo de Vilagarcia, o 13 de Abril de 1920.
Un afeccionado local interpretou o seu monólogo Un match internacional de foot-ball, no Carballiño, o 14 de Setembro de 1921.
A zarzuela galega A lenda de Montelongo, de Manuel Rey Pose e Juan Buhigas Olavarrieta, foi estreada polo coro Cantigas e Agarimos de Santiago, no Salón Teatro o 21 de Decémbro de 1924.

No 1925, A lenda de Montelongo, foi representada polo coro Cantigas e Agarimos de Santiago, en Vilagarcía; no Teatro Tamberlik de Vigo; no Teatro Rosalía Castro da Coruña e no Teatro Xofre de Ferrol.

Non sei se o meu avó estaba relacionado ou non coas Irmandades da Fala, como suxire Javier Jurado, aínda que nas súas obras escribiu sempre en galego, impulsando a súa xeralización en todos os ámbitos sociais en culturais. Tanto que, chegou a escribir, xunto a Xoán Buhigas, unha "zarzuela" en galego, en plena dictadura de Primo de Rivera (¿!).

Penso en qué pasaría se o meu avó levantase a cabeza hoxe, con "La Falda de Carolina" e o "decreto do plurilingüismo" na Galicia da autonomía do pleno século XXI.

A foto da estrea da Lenda de Montelongo foi amablemente cedida por Javier Jurado, que está a facer un traballo sobre a zarzuela galega.