viernes, 28 de enero de 2011

"...cuando el interés de sus moradores..."

(Foto tomada do perfil da Comisión Cidadá de Patrimonio en Facebook)

En 1915, o erudito local e correspondente da Real Academia Galega Juan Fernandez Gil y Casal, remataba os seus Apuntes Arqueolóxicos en Vilagarcía con estas verbas:

"...Con todo lo expuesto á grandes rasgos, sin más labor que la que da de sí el recuerdo de los largos estudios llevados á cabo en esta región, bien se deja adivinar la importancia de este centro en tiempos antiguos, tan fácil para la vida, defendido por tantos castros, tan digno de ser guardado y unido á Iría, Padrón y Césures, sin duda como ellos un día visitado por fenicios y griegos y más tarde como ellos sojuzgado por el poder romano, y sobre cuyos restos de civilización industrial marítima asentó Juan García de Caamaño, el Hermoso, los cimientos de la antigua Villagarcía, mentada por el Maestro Molina como emporio marítimo, la futura ciudad de Arosa, cuando el interés de sus moradores, de común acuerdo, recaben para ella el justo rango que como centro de esta región le corresponde..."


E agora, sobre estas verbas, engado estes links tomados estes días da prensa:


Recollidas de firmas na rúa. O perfil da Comisión Cidadá de Patrimonio no Facebook.

Gil y Casal non daría crédito... porque semella que por fin en Vilagarcía o interese deixou de ser cousa de eruditos. Chegou o tempo do interese dos seus moradores de común acordo.

domingo, 9 de enero de 2011

A "Crise dos Bancos" no Galicia Hoxe (Por Xosé Gago)

Xosé Gago publica no Galicia Hoxe con este título, un artigo sobre o tema dos bancos de Ravella, que seguimos de perto dende A Pedra do Encanto. Reproducimos parte do texto:

... a lectura que queremos sacar desta kafkiana historia dos Bancos de Ravella é positiva e dende logo, hai moito de positivo no acontecido. A historia, no fondo é a dunha sociedade civil que se mobilizou indignada ante un concelleiro, que ademais é arqueólogo e ten unha empresa de xestión de Patrimonio, pola destrución precisamente dun importante elemento da Historia local: Os Bancos de baldosa do Parque de Ravella.

O máis interesante deste conto é o final máis ou menos feliz. Digo máis ou menos porque os bancos foron destruídos, mais a sociedade acadou a dimisión do concelleiro e a rectificación do Concello que os volverá erguer onde estaban. A historia é alentadora e agardemos sirva de exemplo e referencia de que algo sempre se pode facer.

O conto, a xeito case de fábula, amosa unha vez máis que nin políticos nin arqueólogos, nin xestores de Patrimonio, poden facer nada de costas á sociedade nun intre no que todo o mundo ten voz e no que a blogosfera está a converterse nun importante medio de expresión e denuncia...

...o Patrimonio, os recordos están na xente, e a xente viu que os seus bancos corrían perigo. Os bancos nos que vían, por fin, chegar camiñando, entre a outoniza manta de follas secas, pola avenida de plátanos, á muller coa que se citaran e que chegaba a propósito media hora tarde. Os bancos nos que fumaran os seus primeiros pitillos para parecer maiores ou nos que simplemente conversaran con amigos ou sentaran por estaren cansos. Ao ver que ese escenario das súas vidas corría perigo, a xente recordou, poñéndoo deste xeito en valor, e ao recordar espertou e preguntouse "onde está Vilagarcía?"," Quen levou a miña vila?". Os expertos disfrazados de políticos...

Link ao artigo completo

Entradas neste blog ao respecto do tema:

Unha aposta cidadá polo futuro do pasado

Desbancado? Move o cú

Despropósito cómico-lírico-dramático

Os Bancos da Memoria