miércoles, 29 de agosto de 2012
"Longa Noite de Pedras" Viernes 31 de agosto
Finalmente (parece que el buen tiempo está vez nos va a acompañar), la visita nocturna a los petroglifos de Bamio será este VIERNES 31 DE AGOSTO.
Esperamos contar con vuestra presencia para disfrutar todos juntos de nuestro patrimonio.
jueves, 23 de agosto de 2012
APLAZAMIENTO "Longa Noite de Pedras"
Parece que las lluvias no nos van a dejar disfrutar de la visita nocturna a los petroglifos de Bamio prevista para mañana. Por lo tanto nos vemos en la obligación de aplazar la visita. En principio intentaremos hacerla el viernes que viene, os confirmaremos la fecha.
Alternativa: disfrutar de una buena cerveza en la "Oktoberfest" en la calle García Caamaño de Vilagarcía.
jueves, 16 de agosto de 2012
Longa Noite de Pedras
Quizá estas preguntas sean demasiado ambiciosas. O no. De todas formas el motivo que nos reúne hoy aquí sí es más modesto o, por lo menos, más concreto, más "material". Desde A Pedra do Encanto nos complace que por segundo año consecutivo se tenga contado con nosotros para colaborar en la visita nocturna a los petroglifos de Os Ballotes (Bamio, Vilagarcía) organizada por el Ateneo Mar de Arousa.
La cita es el próximo viernes 24 de agosto, a las 22:00 horas, y queremos invitaros a todos a, durante una hora, tratar de abandonar nuestro presente y hacer un viaje en el tiempo de cuatro mil años. Conocer una sociedad, la de la Prehistoria Reciente de Galicia, a través de la más inquietante forma de acercarse a ella: su arte, los petroglifos, esas rocas grabadas hace tanto tiempo, que permanecen y que, si el urbanismo salvaje lo permite, nos sobrevivirán.
A algunos os entrañará la hora de la visita. El motivo no tiene nada que ver con el misticismo, sino que se trata de una cuestión puramente práctica: al ser nosotros los que controlamos la luz, podemos enfocar lo que nos interesa con una determinada inclinación, provocando que los surcos hagan sombras y viendo así mucho mejor los dibujos.
Esperamos contar con vosotros en este viaje en el tiempo. Cuatro mil años... Parecen muchos, pero no son nada. Incluso aquellas obras humanas pensadas para durar y permanecer son provisionales. Ya lo decía Luigi Pintor: "las pirámides de Egipto, construidas para la eternidad, durarán, respecto a la eternidad, menos que el breve recuerdo que tendrá usted de mi dentro de un año".
sábado, 5 de mayo de 2012
Iniciativas desde o corazón
O Faiado da Memoria está detrás do proxecto de realización dun documental sobre Vilagarcía de Arousa e a súa relación co mar:
Desde dentro do corazón narra la vida de un pueblo, Vilagarcía de Arousa, y su relación con el mar a través de cuatro historias unidas por una quinta que es la rutina diaria de dos hermanos que llevan sesenta años ligados a ese mar que vive delante y dentro de ellos.
Con este obxectivo, lanzan unha campaña de microfinanciación neste enlace, na que podedes faces as vosas aportacións dende 5 euros.
http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9399
sábado, 11 de febrero de 2012
Lua branca...

Lua branca feiticeira, ti que pol-a veira
do mundo arredor, alumeas, chospeteira,
as carrapucheiras, do meu meigo amor.
Cando m'alcontres na eira, ou na carballeira,
pedindo un favor, iraste, lua, lixeira,
pois d'esa maneira e moito mellor.
Canto a Lúa. A Lenda de Montelongo
Manuel Rey Posse e Xoán Buhigas Olavarrieta
Non quero deixar de escribir estas verbas que nacen dos meus dedos, os mesmos cos que hai uns días establecín o derradeiro contacto coa miña nai.
Ela, cando xa non tiña verbas, cantaba baixiño e até bailaba coas músicas do seu pai, Manolo Rey Posse, e apretaba as mans ao escoitar ai Sálvora ai San Vicente. Porque quizais, dentro de nós queda impreso o que fomos na máis fonda sustancia das nosas neuronas.
A nena orfa de nai, que foi meniña do seu pai e da súa irmá Lola, á quen mamá Severina daba unha codia de pan cando tiña fame, e que comeu mazás nos tempos da posguerra, da que non falaba nunca. Esta nena bonita de ollos grandes que coñeceu na praza do Obelisco a Carlos Comendador, regalou nos seus últimos días miradas doces a quen quixo recollelas.
Hoxe quero deixar constancia do noso fondo agradecemento a Isidoro López Díaz e a súa dona, Graciela, pola súa inmensa bondade. Ela alegrou as conversas do meu pai e ofreceu a súa infinita paciencia ao cerebro doente da miña nai, namentres a súa estaba a máis de mil kilómetros, no Uruguay. E qué dicir de Isidoro, quen cullerada a cullerada, aloumiño a aloumiño, achegou o seu cariño á miña nai neste último ano.
Tamén temos verbas de gratitude para Chus, Marioli, Paqui... e para todo o equipo da residencia Valle-Inclán, pola súa profesionalidade e pola grandeza da humanidade no seu trato, así como para o equipo de soporte de Cuidados Paliativos do Hospital do Salnés.
As nosas derradeiras verbas son para agradecer todas as vosas amostras de agarimo nestes días.
Era martes noite.
A inmensa lua branca chegou.
E foise, lixeira...
A música que gustaríalle escoitar, sobre todo o segundo tempo.
viernes, 2 de diciembre de 2011
Asturias (y se emitirá a través de AVIP a todos los Centros del Campus Noroeste)
Presentar el arte rupestre prehistórico al público: experiencias, retos y perspectivas de futuro
Para todos aquellos que disfrutan contemplando el arte rupestre prehistórico.
En 2001 abrían al público las nuevas instalaciones del Museo de Altamira en Santillana del Mar (Cantabria), abordando una nueva forma de presentar al público el arte rupestre prehistórico y generando un enorme impacto mediático. Diez años después esa línea de intervención expositiva se ha consolidado en el territorio peninsular de la mano de un buen conjunto de nuevas experiencias que, de una u otra forma, se han beneficiado de esa reflexión inicial generada desde el proyecto Altamira.
- Lugar y fechas
Del 13 al 16 de diciembre de 2011 Ver calendario y horario- Programa
- martes 13 de diciembre
- 15:00-16:00 h. Recepción y entrega de documentación.
- 16:00-16:30 h. Bienvenida institucional e inauguración del curso.
- 16:30-18:30 h. El arte rupestre prehistórico: conservar, investigar, difundir
- Mario Menéndez Fernández
- 18:30-20:30 h. Un Parque Arqueológico y un Museo para los grabados prehistóricos del Vale del Côa
- Antonio Martinho Baptista
- 20:30-21:00 h. Coloquio y debate
- Mario Menéndez Fernández
- Antonio Martinho Baptista
- 15:00-16:00 h. Recepción y entrega de documentación.
- miércoles 14 de diciembre
- 16:00-18:00 h. La presentación al público del arte rupestre en los planes de estudio universitario
- Beatriz Comendador Rey
- 18:00-20:00 h. Itinerario Cultural Europeo “Caminos de Arte Rupestre Prehistórico”: un modelo para la cooperación e intercambio de experiencias
- Ramón Montes Barquín
- 20:00-21:00 h. Coloquio y debate
- Beatriz Comendador Rey
- Ramón Montes Barquín
- 16:00-18:00 h. La presentación al público del arte rupestre en los planes de estudio universitario
- jueves 15 de diciembre
- 16:00-18:00 h. El Centro de Arte Rupestre Tito Bustillo: una apuesta por la museografía didáctica y por un equipamiento sostenible
- José Antonio Fernández De Cordoba
- 18:00-20:00 h. Virtualización y entorno 3D: experiencias en relación con el arte rupestre prehistórico
- Diego González Aguilera
- 20:00-21:00 h. Coloquio y debate
- José Antonio Fernández De Cordoba
- Diego González Aguilera
- 16:00-18:00 h. El Centro de Arte Rupestre Tito Bustillo: una apuesta por la museografía didáctica y por un equipamiento sostenible
- viernes 16 de diciembre
- 16:00-18:00 h. 10 años del nuevo Museo de Altamira: balance y nuevos retos
- José Antonio Lasheras Corruchaga
- 18:00-20:00 h. Hacia una gestión integrada de los petroglifos de Galicia: el Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
- José Manuel Rey García
- 20:00-20:30 h. Coloquio y debate
- José Antonio Lasheras Corruchaga
- José Manuel Rey García
- 20:30-21:00 h. Clausura del curso
- 16:00-18:00 h. 10 años del nuevo Museo de Altamira: balance y nuevos retos
- martes 13 de diciembre
- Horas Lectivas
- Horas lectivas: 20
- Créditos
- 1 crédito ECTS y 2 créditos de libre configuración (en trámite).
- Inscripción
La matrícula no estará conforme hasta que se entregue el justificante del ingreso en la secretaria del Centro en el que formalizó la solicitud, bien personalmente, por correo electrónico o fax.
Matrícula onlineMatrícula Ordinaria Asistencia por videoconferencia 42 € Presencial C.A. Pontevedra 50 €
viernes, 19 de agosto de 2011
Nos Ballotes

Xa a tardiña, nos Ballotes, namentres preparabamos o evento, pasou por alí Maruxa, veciña do Salgueiral. Pregunteille- cómo lle chaman a aquela pedra de alí abaixo?; Sorriu e contestou – O Encanto; E logo contounos de viva voz aquilo de “Ola de ouro, ola de prata, ola de veleno que mata”. Despois marchou en zapatillas como quen leva o vento.
O solpor foi fermoso, coma sempre. O sol deixounos polo Barbanza proxectando as últimas raiolas sobre as “pedras escritas”.
Sentámonos á espera da xente… non sabíamos que tanta.
Dixera en broma, que cun pouco de sorte, ademais de gravados, veríamos estrelas. Onte, 18 de agosto, a sorte quixo que cruzase o ceo dos Ballotes un deses bólidos brillantes que ultimamente sucan o ceo. Pasou por riba de nos en dirección norte, soltando sobre a Pedra do Encanto a súa estela luminosa. Din que dan boa sorte.
Debeu ser por iso, que a iso das dez trinta, a pesares das ameazas de mouros, máis de cen persoas e aínda algún vagalume, achegáronse onde as luces. Nunca pensara que tanta xente viría. Había xente de todas as idades, moitos rapaces e tamén nenos. Non con certa dificultade, puidemos ir amosando as principais figuras. A megafonía contribuía a que as explicacións chegaran a todos. A Felix e a Merino tocoulles a parte máis difícil, a de dirixir as luces e manexar os cables polo medio da xente. O interese e a boa disposición de todos axudou a subsanar as dificultades cun grupo tan numeroso.
Finalmente falamos tamén das lendas, aínda alguén contou algunha.
Penso que marcharon tranquilos, alomenos levaban unha receita contra encantos de mouras.
Nós estamos contentos pola resposta e ledos polo clima conseguido. Por ver tanta xente interesada en pasar unha “longa noite de pedras”.
As pedras sempre estiveron diante dos ollos. Pero o importante é o que “fica fora da vista”. So co pensamento, por unha noite, conseguimos erguer das pedras aqueles cervos, que recuperaron, por unha noite ,a súa presenza na paisaxe da marxe sur de Arousa, alí onde o Ulla se converte en ría.
Pensamos repetilo. Melloraremos na loxística e na organización. De momento, grazas a todos po vires e por poñelo fácil.
PODEDES ENVIAR AS VOSAS FOTOS A ESTA DIRECCIÓN:
pasadoreciclado@gmail.com

Bamio viaja en el tiempo a través de la historia de los "mouros" y de los petroglifos. (Diario de Arousa- 20-08-2011).sábado, 13 de agosto de 2011
"Longa Noite de Pedras"


domingo, 3 de julio de 2011
Fronte ao faro de Carril
domingo, 26 de junio de 2011
Crónica en András
lunes, 20 de junio de 2011
Charla sobre la intervención en el círculo lítico de Monte Lobeira

martes, 17 de mayo de 2011
A marxe sur de Arousa no Porto

sábado, 14 de mayo de 2011
Web da Comisión Cidadá pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía

lunes, 25 de abril de 2011
"La Alfarería entre Cultura y Naturaleza"
Neste contexto, temos que citar o magnífico e recente traballo de fin de máster de Wajari Velásquez Fernández, La Alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio Tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, baixo a dirección da nosa colega Pilar Prieto e o titorado de J.N. Caamaño da USC. O traballo podedes consultalo on-line e descargalo en pdf.
Citamos o seguinte párrafo da introducción: “…La presente investigación tiene como objetivo general: analizar los aspectos tecnológicos de la cerámica prehistórica neolítica en la provincia de Pontevedra (Galicia, España) en distintos tipos de contextos, a fin de obtener pautas de identidad social y/o significación cultural en el aprendizaje alfarero que permita contribuir a su caracterización estilística. A través de un enfoque teórico metodológico orientado en la tecnología alfarera, y sustentado por el desarrollo de las teorías antropológicas y arqueológicas de la arqueología del paisaje, antropología de la cultura material y la cadena tecnológica operativa de múltiples autores a lo largo de la historia de la arqueología, buscamos comprender en profundidad patrones de enseñanza alfarera en el neolítico de Galicia…”
Constitúe una importante achega ao coñecemento das sociedades da Prehistoria Recente. Wajari, con que xa temos colaborado neste blog no contexto do proxecto de Lobeira, ten na introducción do seu traballo diversos agradecementos que traducen para nós algo claro… a confirmación da necesidade de vincular e vehicular canais de transmisión de coñecemento entre os distintos sectores relacionados co mundo da arqueoloxía: administración, universidade, institutos de investigación, museos… e tamén as empresas.
Os agradecementos de Wajari tamén levan os nomes individualizados de arqueólogos que teñen contribuído, a título persoal, dende o mundo empresarial, a que os resultados sexan coñecidos e difundidos no marco de traballos como este. Pero sería preciso que este marco de colaboración fora institucionalmente establecido... é a nosa opinión... para que o que son colaboracións "puntuais" recibiran o recoñecemento que merecen, e rematar con ese mito da fractura entre os chamadas "arqueólogos de investigación" e os das empresas... como si a arqueoloxía no fora sempre investigación.
Unha nova achega e sobre todo, unha nova perspectiva de traballo. Os novos investigadores están a conseguir dar un pulo a unha arqueoloxía frecuentemente acurrunchada en grupos ou ghettos do saber, e cunha mirada por riba de prexuizos.
Felicitamos moito tanto a Wajari como aos seus titores por este traballo e o animamos para continúalo na súa tese de doutoramento… a pesares de todos os obstáculos.
miércoles, 6 de abril de 2011
Bo peixe (carpa) e charla en Ribadumia
Os colegas Roberto e Rafa atoparon á volta deste fin de semá que no Monte do Castro andaran á pesca de carpas. Mágoa.Arqueoloxía social...? ou maís ben solidaria (que me comentan no Facebook).
Aínda así con todo, non se desaniman.
O próximo 12 de Abril falarán sobre a Recuperación e posta en valor do Monte do Castro, na propia Casa de Cultura de Ribadumia.
Dende ao Monte do Castro e doado albiscar no skyline Lobeira, o Monte Cabalo, e un pouco ao norleste, por riba da portela do Pousadoiro, o perfil do Castro da Gaiba (ou Xaiba) en Castrogudín. Quen sabe se polos túneles das lendas poideran pasar tamén as ideas...
Quen sabe...
jueves, 31 de marzo de 2011
Al final de la Pasarela: el pleno
viernes, 25 de marzo de 2011
Al final de la Pasarela: ciudadanía, Comisión y Administración.
martes, 15 de marzo de 2011
Manuel e María

Hai uns días visitei á miña nai na residencia que está nas Sinas. Ela xa non me recorda, pero aínda non perdeu a capacidade de responder ao contacto humano. Paseábamos polo corredor e achegáronse onda nos Manuel e María. Manuel coida de María, a súa dona andaluza, con enorme agarimo. Di que está peor do que él… andan por aí.
Achegouse á miña nai e preguntoulle… ¿Carmiña, como estás Carmiña?... A miña nai deulle a cara e espetoulle un bico na meixela. Eu pensei… pois non leva aquí un ano e xa fixo amigos, a pesares de todo.
Logo Manuel preguntoume…

¿cántos anos ten ela? …conteillo… Finalmente contoumo… o que quería contar… eu son da Illa, da Illa de Arousa. E sorría namentres mo contaba. Xa non está na Illa, pero a Illa segue na súa memoria, no que é.
Os ritmos lentos acompañan os paseos dos habitantes daquela casa polas baldosas, pero levan a terra pegada aos pes.
Por iso non entendo as políticas sociais. Xa non imos falar da tolemia dos papeis da famosa “dependencia”, ou das auténticas odiseas para facer os seguimentos dos procesos. Pero a última é que si un enfermo ten dereito a praza pública subvencionada, segundo a lei pode tocarlle en calquera da provincia. E esta adxudicación so ten conta da situación dos “individuos”, non das parellas.
Agora pensen en Manuel e en María. Ámbolos dous son dependentes. A Manuel podería tocarlle en “terra seca” en Crecente e a súa dona a noventa kilómetros lonxe, en Lalín… a súa familia so tería que percorrer douscentos kilómetros cada vez que queira visitalos. Xa so de pensar na idea dáme arrepío.
¿Qué política social é esta? ¿A do desarraigo? ¿A do colocar as xentes doentes como quen reparte paquetes? ¿Qué fará Manuel sen María? ¿E María sen Manuel? ¿E quen lle dará bicos á miña nai?
Hoxe tiña ganas de contar isto que é tamén antropoloxía. E tamén unha vez máis, recordar a labor da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Vilagarcía de Arousa, dos coidadores e de todos os voluntarios que traballan desinteresadamente en beneficio de outros. No mundo que temos creado o que resta é a humanidade. E humanidade nas políticas de xestión social é o que pedimos aos políticos. Xa que non hai diñeiro, alomenos humanidade.
As fotos son do meu irmán Manuel Comendador, feitas en Punta Cavalo (Illa de Arousa). Van dedicadas a outro Manuel, o da Illa, por un bico agarimoso.



