domingo, 13 de junio de 2010

Un pecio en Cortegada?


Nos últimos días ven de ser publicado na prensa que a Dirección Xeral de Patrimonio ven de autorizar unha intervención arqueolóxica subacuática no entorno do posible pecio de Cortegada. Pecio ven do latín pecium e así é como se denomina aos restos dos naufraxios, xa conserven restos da nave ou do seu contido.
Dado o interese da nova e a escasa información sobre o asunto que actualmente oferta a rede, imos transcribir una fragmento do traballo Primeras Prospecciones Arqueológicas subacuáticas en el litoral de la provincia de Pontevedra asinado por Antonio de la Peña Santos e publicado en 1984 na revista Pontevedra Arqueológica do Grupo Alfredo García Alén:

"...Los alrededores de la Isla de Cortegada eran conocidos desde antiguo, en los medios relacionados con la actividad arqueológica provincial, por las extracciones que mariscadores y pescadores solían efectuar esporáficamente de fragmentos de ánforas romanas. Un magnífico ejemplar, prácticamente completo, fue adquirido por el Museo de Pontevedra en 1957. La frecuente aparición de restos arqueológicos de este tipo en aguas de la ría de Arousa, incluso río arriba, hasta Pontecesures, no puede extrañarnos por constituir esta zona una vía de penetración natural, de primera magnitud, hacia el interior de Galicia, lo cual hace de la misma una de las áreas gallegas de más temprana romanización.
A mediados de 1982, D. Juan Augusto Barreiro Gómez, buceador profesional vecino de Carril, se pone en contacto con nosotros y nos informa de que conoce el lugar donde, según él, se encuentra un pecio romano. Se niega a facilitar su exacta localización, salvo que se encuentra en el ría de Arousa, y pretende que el Museo de Ponvedra llegue a un desorbitado acuerdo económico con él. Como el Museo no puede acceder a la solicitud, el asunto queda en suspenso.
Posteriormente, y a través de sendos reportajes de prensa y televisión gallegas, el Sr. Barreiro da cuenta de su descubrimiento, situándolo, aunque sin mayor precisión, en las inmediaciones de Punta Fradiño, zona noroccidental de la Isla de Cortegada.
Conociendo de esta forma la ubicación aproximada del supuesto pecio, con el consentimiento del descubridor y la entusiasta colaboración de la Comandancia Militar de Marina de Vilagarcía de Arousa, se inician los trabajos de prospección sistemática.

Tras una inicial toma de contacto con el lugar, y previo un exhaustivo estudio de la fotografía aérea y cartografía marina, se procedió a la elaboración de un programa de trabajo para el que sirvió de gran ayuda el plano topográfico de la isla, gentilmente cedido por el Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa.

Sobre este plano se proyectó un cuadriculado de base mediante un sistema de coordenadas cartesianas. Se crea de este modo una retícula integrada por cuadros de cien metros de lado subdivisibles si las necesidades operativas así lo hicieran necesario. Cada uno de los componentes de la retícula fus sistemáticamente y detenidamente explorado mediante un sistema de barrido o peinado de la zona a cargo de un equipo de cinco buceadores, en formación pararlea, guiados desde tierra mediante señales ópticas. Cada hallazgo que se produjo durante la operación fue señalizado por medio de una boya y situado desde tierra por triangulación desde las tres estaciones previamente establecidas. Con este mismo sistema se cartografió el fondo marino, anotando todos los datos de interés sobre sus características. Otros métodos de prospección experimentados en este yacimiento son los de arrastre con planeador para la observación de grandes extensiones de fondo marino y el "peinado" en círculo.

A través de esta metodología de trabajo se han podido establecer, con bastante detalle, las características esenciales del lugar, de muy deficiente visibilidad a causa de los aportes de materia orgánica en suspensión acarreados por las aguas de río, y con una fuerte corriente ascendente/descendente que dificulta extraordinariamente el trabajo.

El lecho marino inmediato a Punta Fradiño es de gran irregularidad, muy rocoso en las proximidades de tierra firme y con una fuerte restinga que se adentra siguiendo la vertical de la Punta. Presenta una zona central con fango muy compacto en medio del cual se localizó la mayoría de los hallazgos; un canal de unos doce metros de profundidad delimita esta zona del gran banco de arena (lombo) móvil que se situa al N.

Hasta el momento ha sido prospectada, aproximadamente, la mitad de la superficie prevista al inicio de los trabajos.

Todas las piezas de interés arqueológico extraidas hasta el momento proceden de hallazgos sueltos, sin conexión aparente con el supuesto pecio, del que no ha sido localizado resto alguno. En su mayor parte, presentan evidentes señales de haber sido fragmentadas y trasladadas por las artes de arrastre de los mariscadores.

Casi todos los hallazgos corresponden a fragmentos de ánforas, de las que se recuperaron tres ejemplares prácticamente enteros y fragmentos, de diferente entidad, de al menos otras veinte.
Tipológicamente corresponden a un modelo sumamente homogéneo, incluíble dentro del grupo 7-10 de la clasificación de Dressel. Se trata de ánforas ovoides del Alto Imperio, datables, en líneas generales, a lo largo de la primera mitad del siglo I; es decir, en un momento temprano de la romanización del área galaica.

Todas las ánforas están recubiertas interiormente por una gruesa capa de sustancia resinosa que podría indicar que estos recipientes transportaban vino. Es de destacar también la presencia de grafitti en varios de los pivotes.



Otros materiales recuperados, de gran importancia desde el punto de vista histórico, son los restos de dos platos de terra sigillata del tipo Dragendorf 18, con toda seguridad de procedencia sudgálica.
El más completo presenta una estampilla de alfarero en la que puede leerse DASAI. Todo parece indicar que se trata de una marca inédita. (*Posteriormente a este traballo, JM. Caamaño y C. López (2006) plantearon dúbidas sobre esta lectura (propoñen a lectura DA[ ]AIO) e sobre a súa procedencia sudgálica, asimilando as súas características ás dos centros de producción rioxanos).

Es de destacar también la aparición de una tapadera de ánfora en perfecto estado de conservación, varios fragmentos de tégulas y restos bastante significativos de recipientes cerámicos de pastas poco depuradas.




En la actualidad estos trabajos se encuentran detenidos por la falta de dotación económica sufrida en 1983 y la denegación del permiso oficial para reanudarlos en 1984..."

--------------------------------------
TEXTO: Antonio de la Peña Santos, 1984. "Arqueología Subacuática". Pontevedra Arqueológica, I: 210-214. Fig. 4, 8. Lam. 6-10.

-------
Posteriormente a este traballo a Dirección Xeral de Patrimonio, encargou unha nova prospección, realizada en Agosto de 1988 (Foto dun fragmento de ánfora recuperado).
Desta intervención tamén se conclue a moi probable existencia dun pecio pola concentración dos materiais e a falta de desgaste por rodamento.
Consideran a posibilidade de que a nave entrase na ría de Arousa e puidera atravesarse na zona do sinistro onde a forte corrente descendente do río tería provocado o naufraxio (Luaces e Toscano, 1989: 259-262).



BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL
Caamaño, J.M., López, C. 2006. Adenda al corpus de marcas de alfarero en Terra Sigillata localizadas en Galicia. Gallaecia, 25: 83-129.
Luaces, F.J.,Toscano. C. 1989. Prospección subacuática da illa de Cortegada (Vilagarcía de Arousa) arqueoloxía. Informes – 2 xunta de Galicia. Santiago
Naveiro, J. 1985. Un pecio romano en Cortegada (Vilagarcía de Arosa). Actas del II Coloquio Galaico-Minhoto, II: 273-284. Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Santiago de Compostela.
Patiño, R. 1983. Prospecciones subacuáticas en la isla de Cortegada. Revista de Arqueología, 25.
Patiño, R. y Peña, A. de la, 1983. Exploraciones arqueológicas en aguas de la isla de Cortegada. Remar, 2: 32-34.
Singul, F., Suárez, J. (ed.) 2004). Hasta el confín del mundo. Diálogos entre Santiago y el mar. Salamanca: Xunta de Galicia. 371 p. Catálogo.

sábado, 12 de junio de 2010

A Torre do Meadelo (Miadelo ou Miradelo)


Na Lanzada, cando viñan os normandos ou outras naves inimigas entraban na ría cara o Ulla, acendían fogueira.

Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.

Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.

Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.

Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.

Es así ate Catoira (Castellum Honesti) e ate á fortaleza da Rocha, nas aforas de Santiago.
Redes de comunicación, como os blogues.
Xa enviada a sinal dende A Lanzada, ben podíamos seguir acendendo fachos dende Arousa ate a A Rocha...
e comunicarnos máis no mundo da arqueoloxía. Ou non?

Foto dos restos xa desaparecidos da Torre do Meadelo (Miadelo ou Miradelo) no Salgueiral, entre Carril e Bamio-
Esta foto estaba pola miña casa, pero non recordo de onde foi tomada.
Actuacións arqueolóxicas ano 2007:
CD 102A 2007/224-0 Sondaxes arqueolóxicas no contorno das torres de Meadelo. Variante de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Clave: PO/01/003.01 Director: Naveiro López, Juan Luis

lunes, 31 de mayo de 2010

A Lanzada: un proxecto de recuperación e divulgación arqueolóxica


Cando nena, os meus pais me levaban moitas veces á Lanzada, onde por primeira vez vin unha cata arqueolóxica.


Ao estilo da época (o de sir Mortimer Wheeler), era unha cata cadrada, ben feitiña, duns catro por catro metros mais ou menos, e tan alta coma min (que por aquel entón viña sendo un metro).

Non había ninguén por alí e despois de darlle bastantes voltas pregunteille ao meu pai:


-¿qué é isto?

E o meu pai contestou...

- pois é onde vivían os prehistóricos.


Penso que a información foi confusa, ou escasa. Así que estiven enganada moitos anos, pensando que os castrexos vivían metidos naqueles buracos cadrados na terra.

Anos despois, cando con dezaseis anos decidín ir escavar, o meu pai levoume a Pontevedra, ao museo. Preguntamos. O señor da porta sentenciou...

-chegades tarde, marcharon e xa están escavando na Lanzada. Tes que vir o ano próximo.

E volvín. Pero a Lanzada xa rematara, e marchei a escavar nun pequeno castro do interior.

Estas dúas lembranzas sobre o xacemento da Lanzada, sirven como excusa para dar a coñecer con ledicia o novo proxecto que se desenvolverá na Lanzada a partir do 1 de xuño de 2010.

Se trata dun proxecto de Arqueoloxía social dirixido por Rafael Rodríguez Martínez (Excma. Deputación Provincial de Pontevedra) e executado por un equipo do Laboratorio de Patrimonio do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Esta iniciativa intégrase no proxecto Pousadas promovido pola Excma. Deputación de Pontevedra, entidade que financia os traballos de escavación e consolidación que se van levar a cabo de aquí a final de ano.

Teñen un blog para a difusión e comunicación do antedito proxecto arqueolóxico. http://alanzada.wordpress.com/


Internet é unha boa opción, pero podedes visitar as escavacións (e penso que mesmo participar nelas).


Así que xa non teredes excusas de pensar que "os prehistóricos vivían en buratos na terra".


Fotografía: Traballos de escavación ao carón da estrada n’A Lanzada na década de 1960 (Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra). Tomada do blog http://alanzada.wordpress.com/

miércoles, 17 de marzo de 2010

Arredor do mar: Antropoloxía Mariñeira

Do 22 ao 27 de Marzo de 2010, no Museo Municipal Manuel Torres (Marín), se celebran as IX Xornadas Blanco Freixeiro, este ano adicadas a antropoloxía mariñeira.

viernes, 1 de enero de 2010

Feliz 2010



Esta bola do mundo da compañía Lloyd Norte Alemán xa mirou a cara de moitas xeracións de arousáns dende "A Baldosa" e vai camiño de converterse nun icono de todos nos.
Con ela vos desexo un feliz 2010...e que a bola siga xirando!

viernes, 9 de octubre de 2009

O bifaz que chegou co fútbol


A información sobre os primeiros poboadores do noroeste peninsular é moi escasa o que non quere dicir que Galicia teña sido unha zona deshabitada no período coñecido como Paleolítico, sino que a investigación é moi recente en Galicia e os resultados son aínda provisionais. Tense proposto a posibilidade de que os primeiros grupos humanos acadaran o noroeste peninsular no Plistoceno Medio a través da costa portuguesa, de onde teríanse difundido polo litoral e os vales dos grande ríos, aínda que sen descartar aportes vía o val do Sil, dende a Meseta (Vázquez Varela, 1992: 17).
Debemos ter en conta que no longo período ó que estámonos a referir, producíronse grandes variacións climáticas, e por tanto da paisaxe e das condicións de vida. Nos períodos de clima frío, a temperatura baixaría, e con ela o nivel de neves perpetuas, e o propio nivel do mar, polo que incluso se pensa que na última glaciación as Rías Baixas puideron chegar a estar secas, convertidas en vales fluviais (Vázquez Varela, 1992: 10). Pola contra, nos episodios de clima benigno, daríanse as condicións opostas, expandíndose as especies arbóreas, e subindo o nivel do mar. De feito, algúns paisaxes de dunas da Ría de Arousa aos que estamos afeitos, responden a procesos desenvolvidos durante o Holoceno e non teñen unha antigüidade superior ós 3000 anos. Así o demostran estudos parellos realizados por exemplo, na ría de Vigo (Martínez e Costa, 1998), ou o xacemento costeiro no Illote de Guidoiro Areoso (Illa de Arousa), cunha antigüidade duns 4000 anos, onde os materiais e as estruturas aparecen nun paleosolo actualmente selado por unha formación de dunas, e que continúa por baixo do actual nivel do mar (Rey García, 1995). Se consideran formacións recentes as terrazas e aluvións de ríos como o Umia ou a zona litoral dende A Lanzada ata Vilagarcía, explotados de forma continua ou intermitente, proporcionando un gran volume de areas e gravas de grande interese económico na rexión, datados no Plistoceno por correlación cós terrazas do Norte de Portugal (I.G.M.E. 1985: 36).
Nesta paisaxe dinámica, tamén déronse cambios na fauna, e sabemos polas investigacións desenvolvidas que hai uns 30.000 anos, podíanse atopar na provincia de Lugo rinocerontes, hienas e grandes bóvidos, entre outros (Llana, 1998: 8). Aos achados xa coñecidos como os da Cova da Valiña (Castroverde), veñen a engadirse os realizados nos últimos anos en Cova Eirós (Triacastela), ou Valdávara II (Becerreá).
Coñécense poucos xacementos arqueolóxicos, sendo os das provincias de Ourense e Pontevedra os mellor coñecidos para o Paleolítico Inferior, e os do interior da de Lugo para o Paleolítico Superior/Medio. Un xacemento importante é o conxunto das Gándaras de Budiño (Porriño, Pontevedra), onde atopáronse fogares e restos dun “obradoiro” de elaboración de útiles. Industria feita sobre cuarcita, en menor proporción cuarzo, con leves sinais de rodamento (Cerqueiro, 1996). Tamén está o xacemento Paleolítico de Pazos (San Ciprián de Viñas, Ourense) con industria sobre cuarcitas, realizada a partir se seixos, onde predominan fendedores, bifaces con reserva cortical (Villar, 1997).
Aparte dos xacementos, caseque toda-la información procede de achados illados de útiles feitos en pedra, especialmente sobre seixos, dado que as características climáticas e edafolóxicas do país non permiten a conservación dos restos orgánicos. Estas evidencias en Galicia, atópanse de xeito relativamente abondoso, na zona costeira e nas ribeiras dos grandes ríos e os seus afluentes. Na provincia de Pontevedra, a meirande parte de achados corresponde o val inferior do río Miño e se estende ó longo da costa atlántica ata a praia das Sinas en Vilanova, e Caldas de Reis no interior. Tamén constátase a presenza de achados nas illas, como Cies e Ons (Filgueira y García, 1975: 61).
Na zona de Vilagarcía atopamos referencias espalladas sobre a presenza de "pezas paleolíticas (bifaces)", aínda que sen localización precisa (Filgueira e García Alén, 1975: 87). Os bifaces son un dos obxectos líticos tallados máis característicos do Paleolítico Inferior, concretamente da fase denominada "Achelense". Eran útiles plurifuncionais, xa que con eles realizaríanse moitas actividades, como cortar, rachar, etc....unha especie de machados ou coitelos primitivos.
En 1974, Vázquez e Díaz fan unha síntese sobre os xacementos paleolíticos galegos coñecidos, recollendo Carril e Vilagarcía como puntos do Paleolítico Inferior. O investigador Sobrino Lorenzo Ruza, tiña atopado bifaces nas inmediacións de Vilagarcía de Arousa, aínda que non se coñecía descrición ou información gráfica de tales pezas. Na Historia de Cuevillas (1951: 20, fig. 7) (DEBUXO) recóllese un debuxo dun bifaz atopado en Carril, segundo Bouza Brey e A. Blázquez.


As referencias illadas sobre a existencia de bifaces en Vilagarcía, foron confirmadas por un achado feito no ano 1993. Un achado que veu co fútbol...

Xa falamos antes de que na zona de Vilagarcía formáronse areas e gravas que son esporadicamente extraídas para uso local, e tamén explótanse xacementos procedentes da alteración dos macizos graníticos, do que o nome do monte Xiabre[1], sería paradigmático. Para realizar o recheo do campo de fútbol coñecido como o "Mundialito", foi preciso procurar grava. Foi extraída nos terreos da denominada "Costa de Dona Desamparados", nas proximidades da desembocadura do río do Con. Ó descarga lo camión, foi atopado entre as terras un seixo tallado[2] (FOTO: Dimensións: Lonxitud max. 18,2 cm; ancho max. 11,6 cm; espesor max. 5,6 cm).
Extraíronse lascas o fragmentos descortizando a peza de xeito perimetral no estilo que chamamos Modo 2, adquirindo unha forma lanceolada.

O achado deste bifaz por tanto, é moi interesante, porque permite reforzar as posibilides sobre o poboamento da zona de Vilagarcía dende datas moi antigas, aínda que con reservas da súa pertenza a un momento anterior ó complexo técnico Achelense. Indicios de poboamento tamén visibles nos achados doutros concellos veciños. En Caldas de Reis apareceu, cerca dun abrigo rochoso, un raspador retocado feito nunha lasca de silex. En Meis, apareceu un bifaz e na praia de As Sinas (Vilanova) en 1963 Enrique Massó atopou ó carón do rego da Aduana unha lasca bifacial de cuarcita (Filgueira e García Alén , 1975).

[1] Có nome de xabre ou xiabre, coñécese ó granito en estado alterado en Galicia.
[2] Esta peza foi amablemente cedida para o seu estudo por Manuel Fontán Dacosta e a sua familia.


CERQUEIRO LANDÍN, D. (1996): "As Gándaras de Budiño: prehistoria e historia". En, Fábregas, R (Edit.): Os primeiros poboadores de Galicia: O Paleolítico. Cuadernos do Seminario de Estudos de Sargadelos, 73: 47-73.
FILGUEIRA VALVERDE, J. e GARCÍA ALÉN, A. 1975: "Adiciones a la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra. Inventario de localidades con hallazgos paleolíticos". El Museo de Pontevedra, XXIX: 59-88. MARTÍNEZ CORTIZAS, A. e COSTA CASAIS, M. 1998: "Indicios de variaciones del nivel del mar en la ría de Vigo durante los últimos 3000 años". Gallaecia, 16: 23-47.
REY GARCÍA, M. 1995: "Excavación arqueolóxica no illote de Guidoiro Areoso". Arqueoloxía/Informes 3. Campaña 1989. Xunta de Galicia.
VILLAR QUINTEIRO, R. 1997: "El yacimiento Paleolítico de San Ciprián de Viñas (Ourense)". Boletín Auriense, XXVII: 9-26.
VÁZQUEZ VARELA, J.M. 1992: Las más viejas raíces de Galicia. Biblioteca, 114. El Correo Gallego.

jueves, 20 de agosto de 2009

Visita nocturna aos petróglifos de Tourón (Ponte Caldelas)

Agora que van rematando as festas, suxiro unha actividade diferente para a noite do venres 28. Si vos animades, podedes acudir á visita guiada nocturna aos petróglifos de Tourón (Ponte Caldelas), non lonxe de Pontevedra. Nesta visita nocturna a Área Arqueolóxica de Tourón, os petróglifos son iluminados con luz artificial para resaltar o suco na pedra, de xeito que se ven moito mellor que de día a pleno sol. Además é unha boa excusa para un agradable paseo nocturno no mes de Agosto nunha paisaxe única.
Algo semellante ao que podería facerse nos Ballotes en Vilagarcía...algún día...










Ver mapa más grande