.jpg)
viernes, 5 de noviembre de 2010
Día 8
.jpg)
jueves, 4 de noviembre de 2010
Día 7
.jpg)
Ruta arqueolóxica organizada polo Ateneo Mar de Arousa
Sábado, 6 de Novembro 2010O Ateneo Mar de Arousa organiza oeste sábado unha ruta arqueolóxica titulada "Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto...". Unha parte da visita estará guiada por min (bea) e outra por Felix González, técnico na actuación arqueolóxica que se está a desenvolver no círculo lítico de Lobeira e que vai comentando neste blog.
Aquí as indicacións da organización para informarse e
- Encontro ás 9'40 na Praza da Estación (a do ferrocarril) , debese traer coche (si é posible) organizarémonos e distribuirémonos entre los vehículos para non levalos todos.
- Ás 10'55h.- Saída para Vilar-Bamio para la visita a los petróglifos de Os Ballotes.
- A continuación desplazarémonos pola estrada do Pousadoiro para poder divisar na distancia (si o tempo o permite) o Castro de Xaiba.
- Desde alí nos trasladaremos ó monte Lobeira por András e visitaremos a escavación realizada no túmulo e o círculo lítico, onde contaremos tamén coa presenza do director da escavación que nos informará sobre o traballo realizado.
- Non calculamos con exactitude a duración da visita pero probablemente non durará máis de duas horas.
Esta actividade requiere confirmación posto que no podemos superar las 30 personas por una cuestión práctica.
Para inscribirse, comunicar o nome:
miércoles, 3 de noviembre de 2010
Día 6
martes, 2 de noviembre de 2010
Día 5
.jpg)
domingo, 31 de octubre de 2010
A intervención de Lobeira no Telexornal
Aquí tedes o enlace no que se comenta a nova do minuto 16:10 ao 18:30.
Elías López-Romero e Patricia Mañana comentan aspectos relativos aos traballos que se están desenvolvendo.
Telexornal. Informativo territorial de Galicia. (2810/10).
¿Círculos, cromlechs e menhires?
O nacemento da arquitectura monumental é un fenómeno amplo. Coñecemos mámoas en moi diversas xeografías. Na historiografía do noroeste peninsular tamén foi unha constante a alusión á existencia de círculos líticos ou cromlechs e menhires prehistóricos ao xeito dos coñecidos noutras rexións atlánticas, aínda que sinalando as súas diferencias. Nos últimos anos é frecuente a alusión nos xornais a descuberta de "círculos líticos" ou "menhires", aínda que as dificultades da abordaxe do seu estudo no ámbito académico presentan o tema como unha cuestión complexa e se traducen nos xornais dun xeito confuso. ¿Son estructuras prehistóricas?... ¿Son estructuras modernas?...
A recente publicación dos resultados da escavación dun dos "círculos líticos" da Mourela, os máis famosos de Galicia, e a súa cronoloxía medieval (Bonilla e Fábregas, 2009), poderían dar o debate por zanxado. Pero para nós aínda presenta o tema máis interesante e pasa polo seu enfoque como elemento configurador da paisaxe cultural en calquera das opcións na liña de tempo.
Ilustración cunha reconstrucción hipotética do "Círculo lítico de Lobeira" feita por Guillermo de la Peña para o capítulo "As Casas dos Mouros", do documental audiovisual "O Espía da Natureza" do naturalista e produtor audiovisual Federico de la Peña, patrocinado pola Diputación de Pontevedra. Un dos cinco documentales do O Espía da Natureza foi recentemente galardonado cun premio Prisma de la Casa de las Ciencias de A Coruña ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica.
2009. Bonilla, A. e Fábregas, R. Excavación del Cromlech de a Mourela. Andavira Editora