
martes, 17 de mayo de 2011
A marxe sur de Arousa no Porto

sábado, 14 de mayo de 2011
Web da Comisión Cidadá pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía

lunes, 25 de abril de 2011
"La Alfarería entre Cultura y Naturaleza"
Neste contexto, temos que citar o magnífico e recente traballo de fin de máster de Wajari Velásquez Fernández, La Alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio Tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, baixo a dirección da nosa colega Pilar Prieto e o titorado de J.N. Caamaño da USC. O traballo podedes consultalo on-line e descargalo en pdf.
Citamos o seguinte párrafo da introducción: “…La presente investigación tiene como objetivo general: analizar los aspectos tecnológicos de la cerámica prehistórica neolítica en la provincia de Pontevedra (Galicia, España) en distintos tipos de contextos, a fin de obtener pautas de identidad social y/o significación cultural en el aprendizaje alfarero que permita contribuir a su caracterización estilística. A través de un enfoque teórico metodológico orientado en la tecnología alfarera, y sustentado por el desarrollo de las teorías antropológicas y arqueológicas de la arqueología del paisaje, antropología de la cultura material y la cadena tecnológica operativa de múltiples autores a lo largo de la historia de la arqueología, buscamos comprender en profundidad patrones de enseñanza alfarera en el neolítico de Galicia…”
Constitúe una importante achega ao coñecemento das sociedades da Prehistoria Recente. Wajari, con que xa temos colaborado neste blog no contexto do proxecto de Lobeira, ten na introducción do seu traballo diversos agradecementos que traducen para nós algo claro… a confirmación da necesidade de vincular e vehicular canais de transmisión de coñecemento entre os distintos sectores relacionados co mundo da arqueoloxía: administración, universidade, institutos de investigación, museos… e tamén as empresas.
Os agradecementos de Wajari tamén levan os nomes individualizados de arqueólogos que teñen contribuído, a título persoal, dende o mundo empresarial, a que os resultados sexan coñecidos e difundidos no marco de traballos como este. Pero sería preciso que este marco de colaboración fora institucionalmente establecido... é a nosa opinión... para que o que son colaboracións "puntuais" recibiran o recoñecemento que merecen, e rematar con ese mito da fractura entre os chamadas "arqueólogos de investigación" e os das empresas... como si a arqueoloxía no fora sempre investigación.
Unha nova achega e sobre todo, unha nova perspectiva de traballo. Os novos investigadores están a conseguir dar un pulo a unha arqueoloxía frecuentemente acurrunchada en grupos ou ghettos do saber, e cunha mirada por riba de prexuizos.
Felicitamos moito tanto a Wajari como aos seus titores por este traballo e o animamos para continúalo na súa tese de doutoramento… a pesares de todos os obstáculos.
miércoles, 6 de abril de 2011
Bo peixe (carpa) e charla en Ribadumia
Os colegas Roberto e Rafa atoparon á volta deste fin de semá que no Monte do Castro andaran á pesca de carpas. Mágoa.Arqueoloxía social...? ou maís ben solidaria (que me comentan no Facebook).
Aínda así con todo, non se desaniman.
O próximo 12 de Abril falarán sobre a Recuperación e posta en valor do Monte do Castro, na propia Casa de Cultura de Ribadumia.
Dende ao Monte do Castro e doado albiscar no skyline Lobeira, o Monte Cabalo, e un pouco ao norleste, por riba da portela do Pousadoiro, o perfil do Castro da Gaiba (ou Xaiba) en Castrogudín. Quen sabe se polos túneles das lendas poideran pasar tamén as ideas...
Quen sabe...
jueves, 31 de marzo de 2011
Al final de la Pasarela: el pleno
viernes, 25 de marzo de 2011
Al final de la Pasarela: ciudadanía, Comisión y Administración.
martes, 15 de marzo de 2011
Manuel e María

Hai uns días visitei á miña nai na residencia que está nas Sinas. Ela xa non me recorda, pero aínda non perdeu a capacidade de responder ao contacto humano. Paseábamos polo corredor e achegáronse onda nos Manuel e María. Manuel coida de María, a súa dona andaluza, con enorme agarimo. Di que está peor do que él… andan por aí.
Achegouse á miña nai e preguntoulle… ¿Carmiña, como estás Carmiña?... A miña nai deulle a cara e espetoulle un bico na meixela. Eu pensei… pois non leva aquí un ano e xa fixo amigos, a pesares de todo.
Logo Manuel preguntoume…

¿cántos anos ten ela? …conteillo… Finalmente contoumo… o que quería contar… eu son da Illa, da Illa de Arousa. E sorría namentres mo contaba. Xa non está na Illa, pero a Illa segue na súa memoria, no que é.
Os ritmos lentos acompañan os paseos dos habitantes daquela casa polas baldosas, pero levan a terra pegada aos pes.
Por iso non entendo as políticas sociais. Xa non imos falar da tolemia dos papeis da famosa “dependencia”, ou das auténticas odiseas para facer os seguimentos dos procesos. Pero a última é que si un enfermo ten dereito a praza pública subvencionada, segundo a lei pode tocarlle en calquera da provincia. E esta adxudicación so ten conta da situación dos “individuos”, non das parellas.
Agora pensen en Manuel e en María. Ámbolos dous son dependentes. A Manuel podería tocarlle en “terra seca” en Crecente e a súa dona a noventa kilómetros lonxe, en Lalín… a súa familia so tería que percorrer douscentos kilómetros cada vez que queira visitalos. Xa so de pensar na idea dáme arrepío.
¿Qué política social é esta? ¿A do desarraigo? ¿A do colocar as xentes doentes como quen reparte paquetes? ¿Qué fará Manuel sen María? ¿E María sen Manuel? ¿E quen lle dará bicos á miña nai?
Hoxe tiña ganas de contar isto que é tamén antropoloxía. E tamén unha vez máis, recordar a labor da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Vilagarcía de Arousa, dos coidadores e de todos os voluntarios que traballan desinteresadamente en beneficio de outros. No mundo que temos creado o que resta é a humanidade. E humanidade nas políticas de xestión social é o que pedimos aos políticos. Xa que non hai diñeiro, alomenos humanidade.
As fotos son do meu irmán Manuel Comendador, feitas en Punta Cavalo (Illa de Arousa). Van dedicadas a outro Manuel, o da Illa, por un bico agarimoso.