domingo, 3 de julio de 2011

Fronte ao faro de Carril




















Fronte ao faro de Carril, Cortegada no fondo, coas "lombas da Ulla" dunha banda, e o con Branco e as Malveiras no mar de Arousa polo outro, pensaba que ese é o meu lugar favorito no mundo.

Onte, o mar, a música e o sentir da xente que alí se reuniu, fixo xurdir a ledicia do fondo do esprito, do mesmo xeito que os barcos arbolaban as velas.













No Gato Negro de Carril, estaban as maquetas de Manuel García (e as cedidas polo Museo do Mar), ou as fotografías da carrilexa Margot Fernández.
Abaixo, unha impresionante "chea" de fotografías reunidas polo Faiado da Memoria, retrataban un pobo "deitado no mar". O mellor, os comentarios na sala. Sobraban outros. Sentarse e escoitar as conversas entre os entusiasmados veciños.
De fondo, as voces do vídeo testemuñaban de primeira man as vivencias doutros tempos, como as do Xiné ou da Lita.


















Falaba Fernando (da asociación Rompetimóns), da falla de axudas, das dificultades, do esforzo, da implicación da xente, do traballo por facer e da vontade decidida de turrar por un xeito de entender o legado cultural do que somos todos responsables. Non deixar perder o que somos... deso falaba.

Dende A Pedra do Encanto, facemos chegar o no agradecemento a asociación Rompetimóns, a os do Faiado da Memoria, as xentes de Carril e Vilaxoán e a todos cantos
participaron na organización do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O seu traballo e esforzo foi imenso.
Inmensa será a recompensa.
Parabéns.

Remato coas dornas: Froiña, Nai, Maricha e Parrula ... porque dalgún xeito o meu pai tiña que estar alí, fronte ao faro de Carril.

domingo, 26 de junio de 2011

Crónica en András


O día 24 de Xuño, recén estreado o verán, a eso das nove, xuntáronse unhas vinte personas en András a escoitar a conferencia de Elías López-Romero sobre as intervencións feitas no círculo lítico de Lobeira.
Os autobuses subían cheos de xente... pero camiño dun funeral. Na Casa de Cultura recén rematara un obradoiro sobre cestería con maioría de mulleres.

Na sala, ao fin, maioría de homes...

Elías comezou pola paisaxe, pero no minuto dez, un tractor obrigou a deter a charla metendo o ruido polo medio das verbas. Tribulacións do medio rural.

Elías falou do conxunto estudado, da metodoloxía da intervención... pouco a pouco o sistema de gradiometría, os sistemas tridimensionais de rexistro, a escavación... os pasos dados no traballo de investigación, cada un cosido ao anterior.

Impresión na cara dos veciños ao ver a foto do voo americano do 1956 no que se percibía un camiño antigo polo medio do conxunto, cara o cumio de Lobeira, do que ninguén se lembraba.

Restou tempo para as preguntas. Din que neste tipo de conferencias a xeite "escoita pero non entende".


Non semella, se atendemos as preguntas planteadas ao fin. Algunhas foron sobre o tempo, interesándose polas datacións ou solicitando aclaracións sobre a anterioridade do círculo lítico con respecto
as mámoas. Outras, máis que preguntas, semellaban un requerimento de novas charlas e máis información: ...os túmulos eran enterramentos? ...pero entón canta xente vivía?... e como se relacionan con outros sitios
da zona?...
E sempre hai alguén máis pragmático: ...pero ides seguir escavando ou non?!



Ao rematar, algúns quedaron a falar cos arqueólogos. Outros marcharon ao estilo "aí quedades".

Logo aínda quedaron falando os arqueólogos, do mal que está a investigación, do difícil que é investigar e traballar... do lonxe que as veces se cae da casa...

Foi o que deu a xornada, para falar catro boas cousas (e un funeral).... como a película.

lunes, 20 de junio de 2011

Charla sobre la intervención en el círculo lítico de Monte Lobeira



Desde A Pedra do Encanto queremos invitaros a la charla que sobre la intervención en el círculo lítico y túmulos de Monte Lobeira impartirá el director de la actuación, Elías López-Romero (LaPa-CSIC).

La charla será este viernes, día 24 de junio, a las 21:00 horas en la Casa de la Cultura de András, en el lugar de Cruceiro, András (Vilanova de Arousa).

¿Cómo llegar?
En la carretera de Vilagarcía a Cambados, en los semáforos de Caleiro giramos a la izquierda, en dirección a "Mirador de Monte Lobeira". Seguiremos las indicaciones hacia el mirador hasta llegar a András, donde encontraremos una señal amarilla indicando "Oficina de Turismo". Allí debemos ir.

martes, 17 de mayo de 2011

A marxe sur de Arousa no Porto


A semá pasada celebrouse en Poio o

Achegáronse especialistas de dezasete países distintos. Entre as visitas do congreso, visitaron as áreas de arte rupestre de Campo Lameiro e a da Caeira (Poio). A arte rupestre da marxe sur de Arousa quedou fora da ruta. Non así, os albariños do Salnés.

Xa fora das actividades previstas, e de xeito informal, acompañamos a coñecer os petroglifos de Xiabre a Ana Bettencourt, profesora de Prehistoria da Universidade do Minho (Braga, Portugal).

Estudar e dar a coñecer o potencial arqueolóxico da marxe sur da ría de Arousa é un primeiro paso, tamén na preservación do patrimonio cultural e natural. Infelizmente na visita que fixemos esta mesma fin de semá a diversos xacementos da zona, puidemos comprobar que os montes que rodean o val do Con seguen a ser agredidos, "ancheando" as pistas con máquina ou abrindo novos viais, como os de recente apertura que cruzan o Monte Lobeira polo oeste.

Na vontade de estudar, dar a coñecer e preservar, implicando nesta empresa a todos os sectores sociais, toca facer pequenas aportacións. No próximo fin de semá, presentaremos no Porto, no congreso Arqueología e Identidade: Problemáticas dunha Ciencia Interdisciplinar, unha comunicación titulada:

Territorios Supralocales en la Prehistoria Reciente de Galicia: El caso del margen sur de la ría de Arousa (Pontevedra).

É unha primeira presentación pública dos resultados dun proxecto de investigación integrado sobre o poboamento na Prehistoria Recente da marxe sur de Arousa, que está desenvolvendo Felix González, quen será o encargado de defendelo na palestra.

Así que xa sabedes... do Monte Lobeira á Pedra do Encanto viaxan ao Porto.

sábado, 14 de mayo de 2011

Web da Comisión Cidadá pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía

A Comisión Cidadá pola defensa do Patrimonio de Vilagarcía de Arousa ven de crear a súa páxina web. Parabéns polo nacemento desta nova plataforma dixital para a difusión e coñecemento que xurde polo interese dos propios cidadáns.

Dende A Pedra do Encanto, facemos chegar os parabéns pola iniciativa. Esperamos poder colaborar nun futuro polo coñecemento, difusión e preservación do noso patrimonio.

lunes, 25 de abril de 2011

"La Alfarería entre Cultura y Naturaleza"


Estes días que votamos a andar a plataforma ArqueoCUVI vinculada aos xacementos arqueolóxicos do campus da Universidade de Vigo, tamén andamos a revisar a información relativa aos xacementos da Prehistoria Recente das Rías Baixas.

Neste contexto, temos que citar o magnífico e recente traballo de fin de máster de Wajari Velásquez Fernández, La Alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio Tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, baixo a dirección da nosa colega Pilar Prieto e o titorado de J.N. Caamaño da USC. O traballo podedes consultalo on-line e descargalo en pdf.

Citamos o seguinte párrafo da introducción: “…La presente investigación tiene como objetivo general: analizar los aspectos tecnológicos de la cerámica prehistórica neolítica en la provincia de Pontevedra (Galicia, España) en distintos tipos de contextos, a fin de obtener pautas de identidad social y/o significación cultural en el aprendizaje alfarero que permita contribuir a su caracterización estilística. A través de un enfoque teórico metodológico orientado en la tecnología alfarera, y sustentado por el desarrollo de las teorías antropológicas y arqueológicas de la arqueología del paisaje, antropología de la cultura material y la cadena tecnológica operativa de múltiples autores a lo largo de la historia de la arqueología, buscamos comprender en profundidad patrones de enseñanza alfarera en el neolítico de Galicia…”

Constitúe una importante achega ao coñecemento das sociedades da Prehistoria Recente. Wajari, con que xa temos colaborado neste blog no contexto do proxecto de Lobeira, ten na introducción do seu traballo diversos agradecementos que traducen para nós algo claro… a confirmación da necesidade de vincular e vehicular canais de transmisión de coñecemento entre os distintos sectores relacionados co mundo da arqueoloxía: administración, universidade, institutos de investigación, museos… e tamén as empresas.

Os agradecementos de Wajari tamén levan os nomes individualizados de arqueólogos que teñen contribuído, a título persoal, dende o mundo empresarial, a que os resultados sexan coñecidos e difundidos no marco de traballos como este. Pero sería preciso que este marco de colaboración fora institucionalmente establecido... é a nosa opinión... para que o que son colaboracións "puntuais" recibiran o recoñecemento que merecen, e rematar con ese mito da fractura entre os chamadas "arqueólogos de investigación" e os das empresas... como si a arqueoloxía no fora sempre investigación.

Unha nova achega e sobre todo, unha nova perspectiva de traballo. Os novos investigadores están a conseguir dar un pulo a unha arqueoloxía frecuentemente acurrunchada en grupos ou ghettos do saber, e cunha mirada por riba de prexuizos.

Felicitamos moito tanto a Wajari como aos seus titores por este traballo e o animamos para continúalo na súa tese de doutoramento… a pesares de todos os obstáculos.

miércoles, 6 de abril de 2011

Bo peixe (carpa) e charla en Ribadumia

Os colegas Roberto e Rafa atoparon á volta deste fin de semá que no Monte do Castro andaran á pesca de carpas. Mágoa.

Arqueoloxía social...? ou maís ben solidaria (que me comentan no Facebook).

Aínda así con todo, non se desaniman.

O próximo 12 de Abril falarán sobre a Recuperación e posta en valor do Monte do Castro, na propia Casa de Cultura de Ribadumia.

Dende ao Monte do Castro e doado albiscar no skyline Lobeira, o Monte Cabalo, e un pouco ao norleste, por riba da portela do Pousadoiro, o perfil do Castro da Gaiba (ou Xaiba) en Castrogudín. Quen sabe se polos túneles das lendas poideran pasar tamén as ideas...

Quen sabe...