A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa de arqueoloxía Argos, iniciaron o pasado mes de Outubro unha investigación arqueolóxica no Concello de Valga.
O obxectivo da equipa foi o de tratar de atopar evidencias da existencia na zona dun fondeadero ou porto romano, e da denominada "Turris Augusti", un monumento dedicado a Augusto, que estaría supostamente ubicado fronte a desembocadura do río Sar.
No entorno de Agramar foi localizado un novo xacemento arqueolóxico, non catalogado previamente, con materiais da época romana e restos de muros perimetrais.
Pero especialmente interesante foi a prospección subacuática no río Ulla. É importante destacar que foi deseñada unha metodoloxía específica para esta intervención, dadas as dificuldades do traballo (como podedes ver na foto, a visibilidade é mínima). A colaboración do clube Náutico de Pontecesures facilitou moito o traballo.
Na prospección apareceron algúns restos de ánforas e cerámicas, medievais e modernas.
Eu agradezo dende aquí "aos Argonautas" a información e as fotos que me envían dos traballos.
Eu agradezo dende aquí "aos Argonautas" a información e as fotos que me envían dos traballos.
Eles e máis eu desexamos que esto sexa so o inicio dunha serie de interesantes e prometedoras prospeccións no leito e o entorno do río Ulla, ao que este ano dedicamos tempo e traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario