O tema do Patrimonio Histórico e/ou Cultural é un tema difícil e complexo. O caso da pasarela de Vista Alegre e as múltiples informacións que os medios recollen dende hai días, representan un libro aberto sobre as polémicas, desacordos e plantexamentos no eido do chamado campo da Interpretación do Patrimonio. Fundamentalmente porque están sobre a mesa "valores", entendidos como relacións sociais, nun determinado contexto. Cada valor existe con respecto a outros valores, e non son absolutos, xa que son "creacións simbólicas derivadas de prácticas culturais arraigadas que existen só en forma inmaterial". Os valores se transmiten. Cada xeración lega á seguinte unha serie de valores e as relacións estruturais para entendelos. Polo tanto, a longo prazo, os valores se transforman.
Nestes días coordino unha materia sobre a Difusión Directa, no Máster Universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble pola Universidade de Vigo. O "caso da pasarela de Vista Alegre" chegou á aula, por significativo e exemplificativo da viveza e puxanza social por estes temas, en toda a súa actual e íntegra complexidade.
Link a páxina da Asociación para la Interpretación del Patrimonio
PDF das IX Jornadas de la AIP celebradas en Madrid no 2010 sobre Interpretación de Patrimonio e Turismo.
PDF das X Jornadas de la AIP a celebrar en Olot (Girona) o 24-25 de Marzo sobre Interpretación de Patrimonio e Territorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario