sábado, 24 de enero de 2009

As pedras verdes de Punta Montalvo


Nos anos noventa, andaba eu a busca de mineral de cobre pola península do Morrazo. Amén da iña inexperiencia, era unha busca complicada, porque so tiña parcas referencias de rexistros mineiros nos libros de Facenda. A prospección de campo era bastante difícil e as máis das veces, preguntando por unha mina, acababa nun pozo de auga. Así que finalmente decidín preguntar por pedras de cor verde.


Foi así que falando co señor Antonio Costa, díxome que atopara minerais verdes, pero fora do Morrazo. Indicoume entón unha punta entre as praias de Montalvo e Bascuas, en Sanxenxo.


Xusto alí, no acantilado, nun filón duns 200 metros, fomos dar cunha veta limitada dun mineral de colores entre o verde e branco, pasando polos azuis.
Tomamos unhas mostras que levamos a analizar mediante unha técnica chamada Difracción de Raios X, resultando que se trataba de moscovita, cuarzo e variscita.
A variscita é tecnicamente un fosfato de aluminio, que se empregou sobre todo na producción de doas e outros elementos de adorno na prehistoria.


A de Montalvo-Bascuas é una veta moi pequena e limitada, pero ben da para facer pequenas pezas. Daquela xa comunicara o achado no XXII Congreso de arqueología en Vigo, en 1993, pero so puxera unha foto en branco e negro na publicación. Despois foi publicado por xeólogos en 1995.


Como moita xente tenme preguntado polo tema, hoxe dáme por publicar estas fotos que atopei ao ordenar papeis na casa paterna.

Tamén por satisfacer o interese do colega Angel Cardín, que anda tras o rastro do acibeche.


Atopar variscita non tería nada de importante se non fora pola importancia que lle deu á procedencia deste mineral na prehistoria recente europea. Normalmente chamado “calaíta” (termo moi en desuso, porque non define ningún mineral en concreto) se considerou durante moito tempo procedente do norte de Europa, de onde chegaría por vía marítima atlántica. Así se falou de relacións a longas distancias, e máis dende a tese sobre as relacións atlánticas da Península Ibérica na Idade do Bronce do irlandés Eoin MacWhite (1951).

Dende entón, ainda que segue a falarse de amplias conexións na Idade do Bronce, se teñen atopado diversas probas da existencia de variscita na Península Ibérica, e incluso da súa explotación na prehistoria. Hoxe coñécense unha mina de variscita e outros minerais de máis de 6000 anos de antigüidade, a de Can Tintorer (Gavá, Barcelona) visitable dende 1993. Co mineral facían colares de doas e pulseiras que aparecen nos enxovais funerarios. Se ten feito arqueoloxía experiental para saber o proceso de elaboración.

No noroeste coñecemos algunhas doas de pequeno tamaño, por exemplo nos enxovais de algúns monumentos megalíticos, como na necrópole de Monte da Mora (O Saviñao, Lugo) (variscita, turquesa impura e lepidolita); na necrópole de Chan de Castiñeiras (Vilaboa, Pontevedra) (lepidolita e blenda); ou na necrópole de Parxubeira (Mazaricos) (as que vedes na foto).
Pero o achado máis importante que eu coñeza é recente. Se trata dun colar enteiro de doas toneliformes de distintos tamaños no túmulo de A Chousa Nova (Bandeira), que apareceron dispostas seguindo o orde do fío que as insertaba. Non sei se a Mariajo e a Paz xa teñen publicado o conxunto, pero o que si sei é que foron analizadas en Santiago.
No noroeste hai indícios de variscita moito máis importantes que o de Sanxenxo, como Palazuelo de las Cuevas (Zamora).

En Sanxenxo hai outros interesantísimos indicios mineiros e da Mina Boliches se sacaron boas cantidades de cassiterita. Pero deso falamos noutra.

lunes, 19 de enero de 2009

Do tunel de Lobeira e outras lendas

Estes días a prensa recolle que a intervención arqueolóxica iniciada en Lobeira no mes de Novembro comeza a dar os seus frutos. É unha boa nova sen dúbida. Bo traballo aos colegas de Citania e o noso apoio aos comuneiros de András.

Ao estudo da fortaleza de Lobeira dedicou un estudo Valentín Viqueira, amosando incluso unha reconstrucción ideal da mesma. (Na foto a portada de El Castrum Lupariae, de D. Valentín Viqueira, impreso en 1960).





Gustaríanos falar da historia da fortaleza, pero para eso preferimos convidar ao noso colega e amigo Vicente Caramés (Na foto abaixo nas xornadas de Patrimonio no Medio de 2007).








Así que dende estas liñas da Pedra do Encanto, queremos facer unha pequena aportación referíndonos neste caso ao patrimonio inmaterial referido as lendas.



A cuestión é ¿Quén nacido en Vilagarcía non ten oido falar do túnel de Lobeira?.


Menos mal que todavía son moitos os que coñecen a historia, porque doutro xeito, sería un indicio funesto da rápida desaparición das cousas e do pensamento parello a formas de vida anteriores á nosa.
Pouca tradición oral consérvase xa, ainda que afortunada­mente algunhas referencias foron recollidas en libros ou cancioneiros.

Tamén a toponimia permite coñecer algúns aspectos da percepción da paisaxe na antigüedade. A cartografía ainda indica o topónimo Casa da Moura, nunha pequena chan o pé da cruz, cara o Norte.

Os mouros son o paradigma dos habitantes de certos lugares da xeografía galega que caracterízanse, por presentar signos que clasifícanse de actividade cultural, xa sexa real (castros, petroglifos, mámoas, canteiras), xa sexa imaxinaria (rocas de formas extranas, marcas de erosión). Por esta razón, a meirande parte do floklore concéntrase o redor dalgúns dos xacementos arqueolóxicos.

Por outra banda, os mouros son poseedores de grandes cantidades de ouro, có que están feitos todos os seus útiles. O ouro ten sido o obxecto de numerosas violacións de mámoas ou escavacións clandestinas en castros, que xeralmente rematan fracasando.

Casi todos os lugares nos que aparecen mouros, encantos ou tesouros están comunicados de forma subterránea. As veces as lendas de túneles parten de feitos reais (existencia de minas, pozos, etc), pero ás súas dimensións sobredimensiónanse.

Este podería ser o caso da lenda do túnel do Monte Lobeira, emprezamento privilexiado en cuanto á visibilidade. Asociada á historia da fortaleza, da que hai noticia por volta do 1175, xurden outras lendas, como a recollida por Gerónimo del Hoyo no 1600: "...Dicen que hay una mina por debajo de la tierra, que va desde la fortaleza hasta el mar, junto a Cambados; y estando cercada la dicha fortaleza para coger por hambre a los que estaban en ella, que por otra parte era inexpugnable para los cercados, por la dicha mina iban al mar y traían pescado fresco con el que sustentar...".



Posiblemente, esta lenda de época histórica foi transformada cóas lendas tradicionais referidas ós castros e a outros xacementos da zona. Lendas de mouros recollidas de 1876 y 1896 relatan que "...Las cavernas que existen cerca de la cumbre, según la voz popular, son tan profundas que nunca ha sido posible encontrarles el fondo..." (García Alén e Filgueira, 1959).

Xeralmente os túneles unen sitíos cunha relación visual directa. No noso caso, o Monte Lobeira é coñecido coma unha das mellores atalaias sobre a Ría de Arousa polo seu amplio dominio visual da Ría e do val do Salnés. Por eso existe máis dunha única versión da lenda do túnel.

A lenda da que eu escoitei falar de nena é a que sinala a existencia dun tunel que vai dende Lobeira ata o Pazo de Vistalegre, emprazado no mesmo curuto que o Castro de Alobre. O tunel iría dar ó interior do edifício do actual Colexio Filipense Sagrada Familia, por trás dun retrato de San Felipe Neri, nun paño de parede onde, por circunstacias de aproveitamento do espacio arquitectónico, queda tapada unha fiestra exterior. O topónimo O Castriño consérvase hoxendía para denominar a cima deste promontorio (tamén coñecido por O Montiño), e por extensión denomina o parque colindante cós parapetos do castro.
O Castriño seguiu sendo un lugar relativamente inhóspito ata principios deste século, sendo ben coñecida en Vilagarcía a lenda que relata o robo e asesinato dun neno neste punto, no lugar que actualmente indica unha cruz.
Pero ainda hai máis versións do tunel. Bouza-Brey (1927a) recolle unha copla que conecta O Monte Lobeira, e o outeiro inmediato cara o Oeste, chamado Monte Cabalo:

Dende Lobeira a Monte-Cabalos
hai unha mina de sete reinados;
sete de ouro, sete de prata,
sete de veleno que mata.

Neste caso, a lenda vai asociada á existencia dun tesouro.

Na versión do túnel que une o Monte Lobeira có petroglifo coñecido como A Pedra do Encanto, tamén fálase dun tesouro. Según un veciño de Bamio, unha lenda conta que debaixo da Pedra do Encanto está acochado un tesouro que fora deixado alí polos mouros, habitantes destes lugares, cando fuxiran do Santo Apostol, e que tal tesouro é unha morea de ouro que non se pode coller porque o rodearan e cubriran de veleno (Bouza Brey, 1927a). Na época na que Bouza Brey visitou o lugar, algúns veciños do Veinticinco consideraban que os signos alí grabados contiñan as verbas "Ola de ouro, ola de prata, ola de veleno que mata", e tamén "Ouro, prata, veleno que mata". Outros veciños pensaban, nembargantes, que eran sinais feitas cando a guerra, para amosarse o camiño uns a outros.
As serpes frecuentemente son guardianas de tesouros. Conta unha lenda, que un señor de Bamio antes de marchar de viaxe, para guardar os tesouros, meteunos dentro dunha ola que puso nun burato entre as pedras. Despois colocou unha corda cunha lazada, convirteuna en serpe e díxolle: "O que de aquí che ha sacar, tres bicos na boca che ha dar". O criado do señor, que estaba acochado ollando a operación máxica, foi despois ó lugar onde estaba a serpe, e tras bica-la tres veces, apañou o tesouro (Bouza Brey, 1927a, Seg. Secundino Villar).

Un grupo especial, son aqueles tesouros formados por instrumentos de uso diario, pero de ouro. Contan que na noite de San Xoán, na Pedra do Encanto aparece unha fermosa muller cunha tenda con cousas de ouro e prata. Dunha vez, pasou un home ó que lle preguntou: ¿Que che gusta mais da tenda?. El contestou: "Gústanme estas tixeiras de ouro". A muller díxolle entón: "Que che corten as alegrías con elas". O home morreu. Segundo Secundino Suárez, vecino de Vilar, que tiña oubido contar a historia ó seu abó, tiña que ter contestado: "Gústame a tenda pero gústame mais a tendeira" (Bouza Brey, 1927a).

Algúns investigadores consideran que na base dos fracasos pra consegui-lo ouro podería atoparse o feito da valoración negativa que a sociedade tradicional facía da riqueza conseguida sin traballo, o máis ben, da valoración do traballo honrado e duro como medio de acceso a un nivel de riqueza superior.

Lobeira non é o único lugar de Vilagarcía con lendas de túneles. Nas prospeccións realizadas temos recollido dos veciños de Castrogudín algunhas lendas referidas ó castro que da nome o lugar. É bastante extendida a creenza na existencia dunha gabia dende o Castro da Xaiba (tamén chamado Monte Fento) ata Castrogudín. Outras lendas falan de tuneis construidos polos mouros dende Fonte Loureiro.

As rocas con particularidades naturais destacan tamén como puntos de encontro dos mouros cós humanos. Este é o caso da Pedra das Catro Esquinas no Monte Lobeira, que trataríase dunha rocha en forma de pirámide cuadrangular truncada, que destacaría sobre a paisaxe. Contábase que os apacentadores de gando no se acercaban a ela tra-la media tarde, posto que lles infundía un grande respeito e incluso medo. Según unha veciña de Paradela, dous mozos de Cornazo atoparon perto da pedra a unha muller que portaba unha tenda con ouro e prata, que lles preguntóu qué lles gustaba máis. Eles responderon: "Gústannos istas tixeiras", e ela díxolles: "Que vos saquen os ollos con elas". Semella que para romper o encanto e poder levar o ouro a resposta que deberían ter dado era: "Gústanos todo o da tenda, pro mais nos gusta a tendeira" (Bouza Brey, 1927a). Os lugares onde habitan os mouros sitúanse polo xeral nas zonas de monte, polo que os humanos atópanse con éles cando realizan actividades nas zonas marxinais da aldea, como por exemplo cando gardan o gando coma neste caso.

As fontes tamén aparecen como lugares privilexiados para a manifestación de encantos, sinalándose en moitas casos a proximidade a un xacemento. Por exemplo, en liña recta ó Oeste da Pedra do Encanto, a beiramar, din que hai unha fonte santa formada por catro laxes, donde se atopara unha santa de pedra (Bouza Brey, 1927a).
Tamén perto do petróglifo chamado Pedra de Meán (Bouza da Torre), situada sobre un pequeno curuto de pouca altura, hai unha fonte que según as lendas ten virtudes medicinais, xa que cura os ollos sempre e cando sexa usada sete dias seguidos; segundo uns, sólo antes no amencer, e segundo outros, tamén ó solpor (Bouza Brey, 1927b).

Outros lugares sinalados na paisaxe son as puntas rochososas, como Punta Grandoiro xa no límite do concello có de Catoira. Este con soporta hoxendia, un cruceiro da ruta xacobea de Arousa. Refere a lenda do Grande Ouro que "existía una especie de escalera o rampa, a partir de unos dos metros de profundidad, donde se hallaban ladrillos gruesos. A esta punta llegaba un antiguo camino y creían que los mouros habían tirado allí sus tesoros" (Filgueira e García Alén, 1959). Neste caso, o con cun cruceiro relaciónase cun camiño, que é outro dos lugares habituais de manifestación dos mouros. É posible que outros cons da ría tiveran floklore asociado, como indica a suxerente toponimia no caso do Con Branco, ou do propio que daríalle nome ó río do Con.

Os túneles tamén pasan por baixo da ría para unir a marxe sur e norte da ría de Arousa. Di a lenda que "De Campo de Porcos a Pedra Leirada, hai un tesouro de sete reinados, tempo a de vir e tempo virá, que as patas das cabras os descobrirán".

Xa para rematar, lembro que recén rematados os meus estudos en Santiago convidáronme a Radio Arousa a falar da lenda do tunel de Lobeira. Antes das novas do mediodía saín decindo que o tunel de Lobeira non existira. A reacción dos arousáns non se fixo esperar, e ate saín nas novas...¡arqueóloga arousana desminte a existencia do túnel de Lobeira!!...
As chamadas a Radio Arousa ou á miña casa para contar a versión da lenda foron moitísimas. Entón nos as recollín. Por eso agradecería os comentarios sobre todo o que coñecedes do túnel.
Referencias:
BOUZA BREY, F. 1927a: "Una estación de arte rupestre en las márgenes de la ría de Arosa". Actas y Memorias de la Sociedad Española de Antropología, Etnografía y Prehistoria, VI. Madrid. BOUZA BREY, F. 1927b: "Notas de arqueoloxía e flok‑lore arousáns: Monte e Pedra de Mean". Nós, 39: 13‑14.; FILGUEIRA VALVERDE, J. y GARCIA ALEN, A. 1959: "Adiciones a la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra". El Museo de Pontevedra, XIII. VIQUEIRA BARRIO, V. 1960: "Antigüedad de la torre y solar de Lobeira". En, El Castrum Luparie. Folleto Histórico de la Byrxa o Torre de Lobeira en el Valle del Salnés. 11‑15.
Na prensa:

domingo, 28 de diciembre de 2008

O illote de Guidoiro (ou Ghidoiro) Areoso

Na Ría de Arousa hai numerosos afloramentos graníticos que forman illotes de pequenas dimensións.

Entre estos están os coñecidos como Guidoiro Areoso e o Guidoiro Pedregoso, tamén coñecidos como os Xidoiros, ou separadamente como O Areoso e O Pedregoso.

Aínda semella que o nome orixinario é Guidoiro (de guía), a gheada propia de Arousa os convertiu en Ghidoiros, e de ahí a Xidoiros ou Jidoiros, que son algunhas das outras formas en que son coñecidos.

Tras anos de polémica, finalmente pasaron a pertencer administrativamente ao novo concello da Illa de Arousa.

O illote de Guidoiro Areoso, chamado así pola súa característica formación dunar, ten unhas reducidas dimensións e carece de auga. Según o primeiro informe publicado en 1991, sabíase da existencia no illote dunha chea de elementos que avogaban polo interese arqueolóxico do sitio. En concreto, as referencias falaban dunha cámara megalítica, dun paleosolo fosilizado por dunas e dunha cerámica de tradición arcaica, nalgúns casos do tipo coñecido como campaniforme.

Dado o seu interese, tras unha primeira prometedora campaña de sondaxe en 1988, se desenvolveron dúas campañas de excavación en 1989 e 1990, dirixidas polo arqueólogo JM Rey García. Foran atopadas varias estructuras:

A Estructura 1 presentaba algúns elementos á vista (como se aprecia na foto).
Unha vez escavada (foto abaixo) se definiu como unha mámoa de reducidas dimensións, que conservaba coiraza de contención do túmulo nos sectores NO, NE e SO, e formaría un círculo perfecto duns 6 metros de diámetro, delimitado por un anel de pedras máis grandes chantadas.
A cámara, que fora sistemáticamente saqueada, comporíase de cinco lousas dispostas en forma de polígono.

Noutro punto do illote, a limpeza dun corte deixou ó descuberto un conxunto de pedras que poderían constituir os restos dunha coiraza de recubrimento dunha mámoa semellante á anterior.









A aparición da Estructura nº 2 foi unha grande sorpresa, xa que non mostraba evidencia algúnha na superficie da praia. Foi localizada ó amplia-la zona de sondaxe da campaña anterior.
Apareceu por baixo das areas da praia, nun paleochán de cor negra intensa, e relacionada cunha grande cantidade de materiais arqueolóxicos.

Se compón dun anel pétreo exterior de 1m. de ancho por término medio, formado por unha soa fiada de pedras. No interior deste anel, en disposición casi concéntrica, aparece outra estructura formada por unha vintena de lousas, de tamaño variable entre 20 e 50 cm, pero colocadas nun nivel máis baixo que o anel externo.
Se sinala que se trata dunha construcción totalmente novidosa para o contexto do Calcolítico (inicio da Idade dos Metais) do noroeste peninsular e non se sabe con seguridade se a súa función é funeraria.
A excavación deste sector ofreceu unha grande riqueza e variedade de materiais, especialmente cerámica de fabricación manual. Tamén apareceron lascas e desfeitos de talla que confirmaron a existencia de talla no xacemento.
Estes materiais están depositados no Museo de Pontevedra e algúns poden ser vistos nas súas vitrinas.

O novedoso emprazamento do asentamento na praia da illa, indicaría, en principio, a existencia de navegación polo interior da ría na prehistoria recente. O rexistro arqueolóxico da escavación foi excepcional tamén polo feito de ser un depósito selado e non alterado, alomenos en datas recentes. Por outra banda, o feito de aparecer nun medio básico, permitiu unha boa conservación da materia orgánica non usual nos xacemento galegos.

Na primeira campaña apareceu no paleochán (ou solo antigo) un concheiro. Unha amostra de ostra do concheiro foi enviada ao Laboratorio de Groninga para facer a única datación por C-14 ata o de agora publicada. A datación é GrN-16108: 4020 + 40 B.P. (Before Present o Antes do Presente), o que nos levaría a datas de fins do terceiro e inicios do segundo milénio a. C.
Pero debido aos problemas que teñen as datacións feitas sobre materia orgánica de orixe mariño, algúns autores rechazan esta datación e teñen proposto unha correción ou calibración entre o 1773-1536 A.C. CAL (Alonso e Bello, 1997, Rubinos e outros, 1999).

Nas campañas de 1990 e 1991 atopáranse unhas pezas metálicas alargadas semellantes a variñas ou punzóns, que foi como finalmente foron denominados por convención. Foron estudados analíticamente dentro do Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica mediante a técnica coñecida como fluorescencia de Raios X (XRD) para determinar a súa composición química, así como mediante micrografía para coñecer a estructura interna do metal. Os resultados foron publicados en múltiples ocasións (Rovira et ali, 1997; Comendador, 1998; Bettencourt y Comendador, 2003; Rovira y Gómez, 2003; Comendador 2005 poster; Comendador e Bettencourt, 2007).
Dende o primeiro análise se considerou fora de toda duda que estaban feitos cunha aleación intencional de cobre máis estaño, é dicir, que estaban feitos en bronce.
Dada a datación publicada e o tipo dos materiais arqueolóxicos cos que apareceran relacionados, foron considerados dous dos obxectos de bronce máis antigos da Península Ibérica, xunto cunha agulla do xacemento de la Bauma del Serrat Pont, en Girona (Rovira y Montero, 2003: 16 y nota 2), aínda que a datación destes bronces, así como do propio xacemento, segue sendo polémica.
Aínda de ter en conta a calibración de Alonso e Bello (1997), se relacionarían en todo caso ca datación doutros bronces “antiguos” localizados no ámbito do noroeste peninsular, como os do nivel IIb do xacemento portugués de Sola (Braga), cunha media ponderada entre 1690–1520 AC (95,4 %) ou o máis recente achado do xacemento trasmontano de Fraga dos Corvos (Macedo de Cavaleiros).

Recentemente foron novamente estudiados mediante a sofisticada ténica de difracción de neutróns no marco da Accion Corta: Estaño y Bronce en el Noroeste de la Península Ibérica, xunto a outros bronces procedentes do norte de Portugal (Bidaud e outros, 2006).

A publicación da totalidade do estudio da escavación de Guidoiro está pendente, aínda que este ano JM Rey presentou un interesante avance nos II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza, no que falou da caracterización das estructuras, da cerámica, da paleofauna, así como dos posibles diferentes momentos cronolóxicos de uso de este interesantísimo xacemento, do que vos adxunto aquí algunha da bibliografía publicada (aparte da que aparece nos links).
ALONSO, F. & BELLO, J.Mª. (1997): Cronología periodización del fenómeno megalítico en Galicia a la luz de las dataciones por Carbono14, O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo (A. Casal Ed.).Universidad de Santiago de Compostela, pp. 507-520.
BETTENCOURT, A. (2000). O poblado da Edad del Bronce da Sola, Braga, Norte de Portugal, Ed. Cadernos de Arqueologia, Monografias – 9, Braga.
COMENDADOR REY, B. (1999). Los Inícios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica, Brigantium, 11. A Coruña.
- (1999c). The early development of metallurgy in the North-west of the Iberian Peninsula. In, Young, Polard, Budd & Ixer (Ed.): Metals in Antiquity. BAR International Series, 792, Archaeopress, Oxford: 63-67
DELIBES, G. & MONTERO, I. (Eds) (1999): Las primeras etapas metalúrgicas en la península Ibérica, II, Estudios Regionales. Instituto Universitario Ortega y Gasset. Madrid.
FERNÁNDEZ–MIRANDA, M., MONTERO RUIZ, I & ROVIRA LLORENS, S. (1995). Los primeros objetos de bronce en el occidente de Europa, Trabajos de Prehistoria, 52 (1), pp. 57 - 69.
REY GARCÍA, M. (1991): Informe preliminar de la campaña de 1988 en el yacimiento de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 2, Campaña 1988. Xunta de Galicia. Santiago: 29-32.
- (1995): Excavación arqueolóxica no Illote de Guidoiro Areoso (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Arqueoloxía/Informes 3, Campaña 1989. Xunta de Galicia. Santiago: 15-18.
ROVIRA, S., MONTERO, I & CONSUEGRA, S. (1997). Las primeras etapas metalúrgicas en la Península Ibérica, 2 vols, Ed. Instituto Universitario Ortega y Gasset, Madrid.
RUBINOS, A., FÁBREGAS, R., ALONSO, F. & CONCHEIRO, A. (1999): Las fechas C-14 del Castro de O Achadizo (Boiro, A Coruña). Problemática de calibración de conchas marinas. Trabajos de Prehistoria, 56 (1), CSIC, Madrid: 147-155.
Boa parte do texto está basada nos informes publicados por JM Rey.
As outras son as que aparecen nos informes ou miñas.

viernes, 26 de diciembre de 2008

Arqueoloxía no Ulla


A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa de arqueoloxía Argos, iniciaron o pasado mes de Outubro unha investigación arqueolóxica no Concello de Valga.
O obxectivo da equipa foi o de tratar de atopar evidencias da existencia na zona dun fondeadero ou porto romano, e da denominada "Turris Augusti", un monumento dedicado a Augusto, que estaría supostamente ubicado fronte a desembocadura do río Sar.
No entorno de Agramar foi localizado un novo xacemento arqueolóxico, non catalogado previamente, con materiais da época romana e restos de muros perimetrais.

Pero especialmente interesante foi a prospección subacuática no río Ulla. É importante destacar que foi deseñada unha metodoloxía específica para esta intervención, dadas as dificuldades do traballo (como podedes ver na foto, a visibilidade é mínima). A colaboración do clube Náutico de Pontecesures facilitou moito o traballo.
Na prospección apareceron algúns restos de ánforas e cerámicas, medievais e modernas.
Eu agradezo dende aquí "aos Argonautas" a información e as fotos que me envían dos traballos.

Eles e máis eu desexamos que esto sexa so o inicio dunha serie de interesantes e prometedoras prospeccións no leito e o entorno do río Ulla, ao que este ano dedicamos tempo e traballo.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais


Exposición Itinerante Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais.

O acto de presentación terá lugar o 23 de decembro ás 13:00 h no Auditorio de Vilagarcía de Arousa


viernes, 21 de noviembre de 2008

Luces y algunas sombras

Desde pequeño, cuando pienso en Catoira me asaltan dos viejos recuerdos. El primero se refiere a la romaría vikinga, en las Torres do Oeste, que viví por primera vez con cuatro años. Supuso un gran trauma para mi, ya que pensaba que el desembarco vikingo era de verdad y no podía entender como la gente estaba celebrando tan bárbaro acontecimiento.
El segundo son los molinos de viento, que recuerdo desde mi infancia.
Por ambas cosas, se debe felicitar al Concello de Catoira, ya que supo, por un lado, conservar y potenciar una fiesta tan importante; y por otro, conservar y consolidar unos elementos del patrimonio etnográfico importantísimos.
Sin embargo, este capítulos de "luces" se ve oscurecido por dos "sombras" muy importantes.
En primer lugar, la contrucción de un multiusos que altera gravemente el entorno conocido como Fonte Gaiteira, lugar en donde existen, además de un puente medieval espléndido, numerosos molinos imbricados en el cauce del río Catoira. A pesar de constituirse una asociación dedicada a impedir la construcción del multiusos, la construcción de éste parece, a día de hoy, imparable.
La segunda sombra la constituye la foto que os presento. Tuve la ocasión de conocer este molino de marea gracias al programa Patrimonio no Medio, iniciativa que, desde las Consellerías de Medio Rural y de Cultura, trata de acercar a los ciudadanos el patrimonio que acoge el medio rural gallego.
Sinceramente, no solo desconocía la existencia de este molino de marea, sino que desconocía la existencia de los molinos de marea en si. Para quien, como yo, no los conozca, los molinos de marea aparecen en Galicia en el siglo XVI. Su situación debe formar una amplia zona seca en la bajamar, la construcción debe ser sólida, y tiene que disponer de una presa para almacenar el agua del mar cuando la marea sube; una vez que ésta baja y queda libre un amplio espacio delante del molino, se pueden abrir las compuertas que llevan el agua a los rodeznos y los hace girar.
Aunque este molino, conocido como Muiño do Cura, no es tan antiguo (data del siglo XIX) es uno de los pocos ejemplos que quedan hoy en día en Galicia, y constituye una parte del patrimonio etnográfico que el Concello debe conservar, difundir y poner en valor. Lo gracioso es que, teóricamente, este molino ya fue "puesto en valor", actuación que se limitó a colocar un cartel con el nombre del molino y un puentecito de madera, que estaban totalmente cubiertos de maleza cuando se produjo la visita. Sin embargo, no se actuó sobre la estructura, que se encuentra en un estado ruinoso, afectado por una enorme grieta que amenaza con que este bien desaparezca para siempre.
Cuando lo vi, quise pensar que la grieta era reciente y que por eso no se había actuado sobre el conjunto. Sin embargo, consultando un artículo de Begoña Bas sobre los molinos de marea de la ría de Arousa, publicado en Brigantium en 1981, ya se atestigua el estado ruinoso del molino y, lo que es más grave, la grieta ya estaba presente. A mi entender, 27 años deberían ser suficientes para recuperarlo, pero veo que en este caso no lo han sido...

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Hoxe temos virasón, hai calma na Area: A Don Luis Viqueira Valdés



Case en vésperas de San Martiño, o outono trae a triste nova do falecemento de don Luis Viqueira Valdés.
Na miña infancia en aqueles viaxes dominicais cos meus pais e a familia Viqueira, descubrín as mámoas, os castros, as excavacións da Lanzada, o pazo de Oca, o mosteiro de Armenteira....
Posiblemente nunca tería decidido ser arqueóloga de non ser por Luis que nas súas expliacacións abría as portas da miña curiosidade.
Ao longo da miña vida sempre foi un referente, porque, sen dúbida, era un dos homes maís cultos que teño coñecido. Hai poucos anos, cando comecei a docencia na universidade, un día preguntoume -¿e que das na universidade? Eu contestei – Pois prehistoria e tamén antropoloxía. – Replicou sen dubidar ¿terás lido A Rama Dourada de James Frazer? Ese libro é fundamental.
Deixoume alucinada con ese comentario. O seu saber era inmenso.
Seguro que o meu pai, que sentirá ben a perda dun amigo en letras maiúsculas, terá moitas máis verbas coas que recordar a súa figura. Eu so quería deixar neste blog este homenaxe a unha persoaxe insustituíble e a unha grande persona.
Hai non moito tempo escribía Luis escribía estas palabras en O Apupo, o boletín informativo fa federación galega pola cultura marítima:.
“…Cando nos meus tempos mozos xuntabános no peirao de Carril varios amigos, un deles, gran amigo meu, Patrón de Ría e mariñeiro coma poucos; no tempo de verán ollaba pola mañá cara a Cuncha de Arousa e moitas veces predecianos o vento vindeiro sentenciando: «Hoxe temos virasón, hai calma na Area» ((1) A praia da Area é a que en tempos pasados doulle o nome de Santa Olalla de Area Longa ó actual pobo de Vilagarcía.
Como mariño que eu tamén son, aquelo que para os outros compañeiros nada significaba, a min fíxome cavilar máis dunha vez sobre seus atinados pronósticos, anque no fondo tamén maxinaba co que nos dicía non era mais co froito dunha experiéncia amoreada de cotío polos moitos anos da sua observación persoal do semblante do tempo. De calquer maneira, sorprendiame moito e chamabame a atención aquel feito, de que de boas a primeiras e sen que nada aparente o promovese, soprando o Nordés pola mañá cedo, se revirase o vento case de súpeto e puxésese a soprar da banda contraria alá polo mediodía.
Motivo destes comentarios, son tamén a lembranza daqueles días calorosos do verán das grandes mareas vivas, en que aproveitando o vento Nordés favorable desas mañás e maila virazón do mediodía, ían e viñan navegando semple en popa, unha flota moi numerosa de botes e bucetas de Carril a apaña-las crías dos mexillóns alá nos cons e illotes na bocana da Ría de Arousa. Levaban para facer este labor unhas rasquetas mangadas para despegalos das pedras e logo arranxa-los nos valos dos seus viveiros, porque naquel entón ainda non existían as bateas comas de hoxe para dependuralos das cordas. Dende a galería da miña casa de Carril, alá polas dúas e media ou tres da tarde, contemplar toda aquela flota marisqueira de volta da tarefa da marea era semple un atraente e senlleiro espectáculo. Todos xuntos, coas súas entenas ou vergas atravesadas ó vento e con aquelas velas brancas embolsadas, velexando en popa coa virazón,semellaban unha bandada xigante de brancas gaivotas planando por riba do mar. iUnha fermosísima estampa, ensoño dun pasado irrepetible...!

Hoxe tivemos calma na Area,
e a mediodía pasou a súa nave coas velas embolsadas velexando en popa con virazón.